Cervo, 24 de xullo do 2026. O Concello de Cervo e Hai Larán presentaron “Crónicas de Cervo”, un novo escape room exterior pensado para descubrir algúns dos recunchos máis emblemáticos do municipio dunha forma diferente, combinando aventura, enxeño, patrimonio e natureza.
A actividade, que estará dispoñible a partir do mes de agosto, xa permite realizar reservas a través da páxina web www.hailaran.es. Está dirixida a grupos de entre dúas e cinco persoas e consiste nun percorrido en vehículo propio por diferentes localizacións do concello, nas que os participantes deberán resolver probas, enigmas e desafíos para completar a misión.
A experiencia ten unha duración flexible, de entre catro e oito horas, permitindo que cada grupo organice o seu tempo e desfrute das diferentes paradas ao seu ritmo. Está pensada para público de todas as idades, sendo unha proposta ideal para familias, grupos de amizades ou parellas.
O prezo da actividade é de 70 euros por equipo, aínda que o Concello de Cervo colabora coa iniciativa ofrecendo unha bonificación do 50% para as persoas empadroadas no municipio, que poderán beneficiarse deste desconto contactando directamente coa empresa organizadora.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, presentou esta nova proposta xunto a Rubén Prieto, responsable de Hai Larán Escape Room & Espazo Creativo, unha das iniciativas empresariais instaladas no Centro de Emprendemento de Sargadelos.
Durante a presentación, a rexedora destacou a importancia de seguir incorporando propostas innovadoras que contribúan á dinamización turística e económica do municipio.
“Crónicas de Cervo é unha oportunidade magnífica para descubrir os nosos espazos máis especiais desde unha perspectiva completamente diferente. A través do xogo, da investigación e da cooperación, os participantes coñecerán o noso patrimonio natural, cultural e paisaxístico dun xeito moi atractivo e divertido. É unha iniciativa que encaixa perfectamente coa nosa aposta por ofrecer experiencias de calidade tanto á veciñanza como ás persoas que nos visitan.”
García Caramés quixo tamén poñer en valor o traballo desenvolvido por Hai Larán, “un proxecto emprendedor nacido en Cervo e instalado no Centro de Emprendemento de Sargadelos, que continúa medrando e innovando con propostas creativas capaces de atraer visitantes e xerar novas oportunidades para o municipio”.
Desde Hai Larán explican que “Crónicas de Cervo” combina o formato dos escape rooms coa exploración do territorio, convertendo aos participantes nos protagonistas dunha historia na que deberán colaborar para superar retos mentres percorren diferentes escenarios do concello.
Coa posta en marcha desta iniciativa, o Concello de Cervo continúa apoiando actividades que fomentan un turismo experiencial, sostible e vinculado ao coñecemento e valorización do territorio.





















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



