
cof
A veciñanza lembrou no seu momento os accidentes acontecidos por exceso de velocidade na recta dos edificios de San Lázaro nos anos 2015, 2016 e 2017 acreditados con atestados policiais causaron danos materiais contra vehículos aparcados e contra os contedores de lixo sen ter que lamentar danos persoais.
A veciñanza agardaba que se tomasen medidas neste tramo abandonado polos organismos competentes e non ter que lamentar máis danos materiais e moito menos ter que lamentar mortes. Medidas quen levan reclamando dende hai anos cos escritos rexistrados e así non ter que lamentar non só máis danos materiais senón danos físicos as persoas e crianzas que viven en San Lázaro.
O momento, era aproveitando as obras no Pirixel para acometer estas medidas de seguridade e non ter que lamentar mortos.
O novo firme na estrada foi a única demanda veciñal atendida, ignorando as restantes demandas:
– Dispositivos reductores da velocidade e bandas tranversais de alerta como medidas de calmado do tráfico co obxectivo de reducir as velocidades excesivas que se rexistran nesta vía.
– Pasos peonís (inexistentes).
– Beirarrúas nos dous lados.
Deste xeito a martes 4 de decembro a perigosa recta de San Lázaro é o único punto negro onde non se se instalaron dispositivos redutores de velocidade, instalando só dous no Pirixel e un novo na Rúa dos Foles.
A veciñanza exixe que se instale un redutor de velocidade na devandita recta antes de que rematen as obras de pintado iniciadas este martes.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



