Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2018. A conselleira de Infraestrutura e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou hoxe a colaboración do Goberno galego co Concello de Viveiro para paliar os danos causados polas chuvias extraodinarias vividas o pasado 18 de novembro no núcleo de Xunqueira. Ademais, a conselleira avogou por continuar a traballar conxuntamente para abordar, desde o punto de vista da xestión dos ríos, da protección civil e do urbanismo, a necesaria prevención dos asolagamentos.
En resposta a unha pregunta parlamentaria, a conselleira deu conta das primeiras conclusións que se extraen dos informes técnicos sobre o sucedido en Viveiro, e que sinalan a extraordinaria cantidade de chuvia concentrada nun espazo e tempo moi acotados.
Vázquez Mourelle trasladou así hoxe á Cámara galega toda a información recabada pola Xunta na investigación aberta desde o primeiro momento para coñecer as causas do sucedido, así como o balance dos traballos realizados desde a Xunta.
Segundo sinalou, as primeiras conclusións dos técnicos, cos datos que dispoñen ata agora, apuntan que o desencadeante dos asolagamentos foi a intensidade da chuvia caída en tan pouco tempo, nunha conca pequena e moi pendente, como é a do río Xunqueira. Esa intensísima, engadiu, arrincou e arrastrou árbores cara o leito do río.
Deste xeito, remarcou, a intensidade, a forza e a velocidade de baixada da auga arrincaron árbores ao seu paso, que actuaron como obstáculos, obstruíndo o río e provocaron o seu desbordamento. Un fenómeno que os técnicos, segundo cálculos de probabilidade, estiman que se poden producir 1 vez cada 500 anos, dixo.
Na súa intervención, Ethel Vázquez destacou que a zona afectada polos asolagamentos producidos está catalogada de risco potencial significativo de inundacións. Tendo en conta iso, apostou por traballar da man do Concello, e das demais Administracións, para facer unha reflexión conxunta e global e poñer os medios necesarios para tratar de evitar que o sucedido en Xunqueira se volva a repetir.
Desde o punto de vista da xestión dos ríos, a conselleira explicou que a Xunta está a ofrecer as máximas facilidades para acometer labores de limpeza e conservación dos leitos dos ríos, a través dunha declaración responsable e sen necesidade de autorización. Esta declaración, dixo, é un mecanismo que simplifica, axiliza e favorece a realización de actuacións menores de mantemento e conservación do dominio público hidráulico.
Lembrou que na súa visita a Viveiro, a Xunta e o Concello coincidiron en priorizar o traballo de limpeza e asistencia aos afectados, e que se tiñan que avaliar os danos e, en función diso, incidiu, continuar actuando
Salientou que o Goberno galego púxose á disposición do Concello de Viveiro e dos veciños para axudar en todo aquilo que era urxente e prioritario. A Xunta desprazou ao lugar os medios de conservación de estradas e 3 equipos de Augas de Galicia que continúan a traballar na retirada dos residuos do río.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



