NOTA DE PRENSA
O BNG de Foz inicia o Domingo unha campaña informativa sobre o POL en Forxán e Cangas.
Basanta denuncia que só en Nois e Fazouro
o Pol deixa 140 vivendas fora de ordenación
Os nacionalistas focegos denuncian que o POL afecta
solo urbano e de núcleo rural na totalidade do Concello
agás en San Acisclo.
O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego considera un auténtico despropósito as propostas e solucións que o Plano de Ordenación Litoral establece para o Concello de Foz, na medida que significa unha hipoteque para o desenvolvemento urbanístico do Concello e impide unha ordenación territorial que faga posíbel un crecemento sustentábel coas potencialidades de futuro que se lle poidan presentar a Foz. Xoan Carlos G. Basanta esixiulle ao PP e ao PSOE “ a que cumpran cos seus deberes e se posicionen sobre o POL. A tranquilidade que reclaman uns é a resposta irresponsábel dun Goberno que se ve desbordado polos seus conflitos internos, e o silencio dos outros e a típica actitude de quen se sabe cómplice dunha agresión de primeira magnitude ao conxunto dos veciños de Foz”.
O Grupo Municipal do BNG criticou que esteamos diante dun documento que se fundamenta na discrecionalidade, só así se explica que en predios colindantes, nuns casos se fixa protección e noutros mellora ambiental ou paisaxística(Pex. Trasmonte en Nois ou o Carballal en Cangas), que se de solucións distintas a realidades semellantes(Pex. Lousada e Bargado en Fazouro) e que se fixen proteccións nuns casos moi por riba da franxa dos 500 metros (Trasmonte ou a Cruz da Lobeira no Santo) e noutros por baixo do dominio público marítimo terrestre. Basanta esixiu que “a Consellaría ten que explicar que criterios seguiu para elaborar este documento, posto que a análise do mesmo dá para pensar que se fixo en función do cliente”.
Os concelleiros nacionalistas criticaron que se sinalen como áreas de protección, na que non vai estar permitido ningún tipo de uso residencial, bolsas de solo incluídas como urbano ou de núcleo rural tanto nas Normas do 81 como no PXOM en tramitación. Así atopamos áreas de protección entre outras bolsas de Solo Urbano e de Núcleo Rural como en Abelairas, Carballal e Alemparte en Cangas; na Barrosa, Porto de Nois, Fondo Nois,Arealonga ou Carpacide en Nois; en Bargado, Lousada, Caldouceiro, ou Vilarmea en Fazouro;no Prado de Andarramos,Folgueiras, Forxán, Vilaxoane e Corporacións en Foz; e na Espiñeira e Mañente en Vilaronte. O Portavoz Nacionalista criticou que “o feito de calificar este solo como de protección non só vai significar que queden fora de ordenación todas as vivendas que a día de hoxe están edificadas nestas áreas, que suman arredor de 140 só en Nois e Fazouro, senón que impide edificar en solo que até agora era no que se permitía edificar”.
Os representantes do BNG na Corporación de Foz afirmaron que tamén á area de mellora ambiental e paisaxística, onde vai ser necesaria a dupla licenza naquelas zonas de urbano e solo de núcleo no que se permitan usos residenciais, afecta núcleos do Concello como todo o solo urbano da vila, agás aquel xa citado e definido como de protección e parte do solo de núcleos xa citados así como Vilachá ou Vilamor en Cangas; Morgallón e Caldouceiro en Fazouro; Barrosa e parte de Trasmonte en Nois; o solo de núcleo de Vilaronte non situado en áreas de protección. Basanta afirmou que segundo se recolle no documento de xestión do POL “ a vontade da Xunta é deixar libre de edificación a área da mellora e optando pola opción máis restrictiva, agora ben, do que non hai dúbida que este documento significa a elaboración de facto dun novo PXOM.”
Os nacionalistas criticaron tamén a falla de rigor técnico do documento que leva a pintar como zona de protección de bosque o silveiral que existe ao pé da rotonda de Fazouro, ou o feito de que só defina un núcleo de identidade litoral para o Concello, a vila de Foz. Basanta considerou”particularmente grave que eliminen con esas características ao resto dos asentamentos costeiros, posto que atendendo a letra da normativa do POL isto significa a imposibilidade de desenvolvemento de Cangas, Nois e Fazouro, no sentido de que o documento autónomico só permite o medre na área de mellora ambiental desde os asentamentos tradicionais.” Asemade os nacionalistas quixeron referir a que este documento ordena usos urbanísticos xa non só por baixo da franxa dos 500 metros, senón que nalgúns casos a máis de 5 kilometros da Costa como é no caso da Cruz da Lobeira ou da Fraga de Martínez, ubicado na zona do Santo, pero que se xeneraliza por exemplo en Nois chegando arriba da Barrosa ou as montes do Faro.
Xa por último o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego anunciou que comezarán o Domingo 21 de Febreiro unha campaña de charlas polo conxunto do Concello que se iniciará cunha charla ás 13:00 h. no Centro Cívico de Cangas e ás 18:00 no Centro Social de Forxán (parroquia de San Martiño) e no que participaran os tres concelleiros nacionalistas. O luns a charla será no local da A.C O Castro de Vilaronte; o xoves, no local social de Marzán; o venres na Casa da Cultura de Foz e o sábado ás 17:00 h. en Fazouro e ás 20:30 h. en Nois . Asemade os Concelleiros dos nacionalistas póñense a disposición dos veciños para aquelas persoas que queiran coñecer en que situación en quedan os seus terreos pasando polo local do BNG en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:30 a 20:30 así como para elaborar as suxestións que consideren oportunas

















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



