Burela, 21 Decembro 2018. Este venres celebrouse un pleno extraordinario no Concello de Burela no que se debatían cuestións tan cruciais como a xestión do lixo ou os orzamentos para 2019. A pesar desa trascendencia “fomos convocados para o pleno este martes a última hora da mañá para un pleno o venres ás 10 da mañá. Tivemos dous días para descargar a abundante documentación presente nestes expedientes e analizala. O goberno presume de transparencia pero este proceder non nos parece moi democrático” adiantou o voceiro do BNG Mario Pillado.
O próximo goberno queda hipotecado polo contrato de xestión de residuos.
O goberno socialista presentou un contrato de xestión e lixo por catro anos cunha posible prórroga a pesar de que na campaña das locais de 2015 defendía a remunicipalización de servizos. “Con este contrato o próximo goberno, sexa cal sexa, ten as mans atadas neste eido porque sería insumible rompelo contrato. Enganaron á veciñanza e non cumpren cos seus compromisos” indicou Pillado.
A parte, o prezo anual do contrato segue subindo, o que se traduce nuns orzamentos “continuistas cos anos anteriores, incluso cos do goberno anterior, nos que as partidas de tratamento e abastecemento de auga, xestión de residuos e alumeado non paran de aumentar, polo que o goberno vese obrigado a subir os impostos un 3%, resultando 1 millón de € o orzamentado para as taxas de auga e lixo, as mais caras de Galiza” puntualizou o voceiro do BNG.
“Este gasto en servizos básicos afoga a capacidade do concello para os investimentos, os servizos sociais, o fomento do emprego ou a promoción comercial e turística, básicos para o desenvolvemento da vila” sentenciou Mario Pillado.
Alfredo Llano non cumple a súa palabra respecto o novo pavillón de Burela.
En canto ó apartado de investimentos reais, que sofre unha baixada do 4%, destaca por riba de todas unha partida chamada “investimentos deportivos” por valor de 35000 €. “Evidentemente esa partida non pode ser a destinada ó novo pavillón de Burela. Por iso o señor Alfredo Llano incumple o acordo plenario unánime no que se comprometía a ter un convenio de financiación no que participasen Concello, Deputación, Xunta e Estado en Outubro de 2018, e non ten nada” espetou o voceiro nacionalista.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



