Este espazo radiofónico, dirixido e presentado por Félix Jorquera, realizouse desde a Cafetería Pastelería Anduriña, que se atopa na recentemente remodelada rúa Álvaro Cunqueiro, e contou coa participación dos propietarios deste establecemento, Mari Trigo e Ramón Castro; do alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira; da técnica de Cultura do Concello, Pilar López; e da comerciante Pura García. Os invitados ao programa falaron de asuntos como a programación de Nadal do Concello de Foz e a nova imaxe que ofrece a vila focense trala reforma das rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña.

























Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. 



