Este sábado tivo lugar no centro social de Alaxe, a presentación da nova novela, “A fuxida” de Pepe Peinó. A sala de reunións estaba practicamente ateigada de amigos e persoas interesadas, como o lingüista e profesor Bernardo Penabade e a psicóloga Eugenia Iglesias. Ambos falaron das implicacións emocionais, educativas e humanas que ten a trama da historia da novela, coa que xa estaban familiarizados, posto que xa leran o libro. O autor falou un pouco sobre o proceso de confección do libro, do contexto en que foi escrito, das súas vinculacións coa miña vida e dalgúns dos seus personaxes. O acto rematou asinando algúns exemplares que os asistentes adquiriron.
Presentación da novela “A fuxida”, de Pepe Peinó
Presentación da novela “A fuxida”, de Pepe Peinó
Relacionado
-
Acisa Ribadeo celebra o día da nai repartindo na rúa un centenar de caraveis entre as mamás que se atopou ao seu paso, a pesar da choiva
-
Suspendido polo mal tempo o III Mercado “Aos Pés de Cornería” en Vilaronte de que se ía celebrar este domingo, 5 de maio
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo