Ribadeo, 26 de decembro de 2018.- A Consellería do Mar investiu este ano 102.500 euros en dous programas de colaboración coa Confraría de Ribadeo para mellorar o equipamento e a conservación e explotación dos recursos mariños. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo hoxe unha xuntanza co patrón maior, Javier Martínez Otero, e con outros representantes da confraría para valorar estes apoios.
A entidade recibiu, en conxunto coa agrupación de mariscadores de Barreiros, 51.840 euros para a contratación de dous vixiantes e un biólogo durante doce meses. Este programa renóvase cada doce meses e ten por obxectivo reforzar a vixilancia e elaborar e supervisar os plans de xestión que garanten a conservación e explotación responsable dos recursos mariños na provincia.
O delegado anunciou que recentemente se notificaron as novas axudas que promoven o mantemento destes contratos, que neste caso sufragarán os custos do segundo semestre do 2018 e o primeiro do 2019.
Así mesmo, a Consellería do Mar destinou 50.700 euros á Confraría de Ribadeo para a compra de novo equipamento a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal.
Con este orzamento, a entidade adquiriu unha carretilla elevadora 100% eléctrica para utilizar no proceso de descarga, no traslado das caixas nas que se transportan as capturas entre as embarcacións atracadas e o interior da lonxa onde teñen lugar as poxas.
Tamén se financiou a compra dun vehículo isotermo, tanto para o transporte dos recursos marisqueiros extraídos polos mariscadores ata a lonxa como para a vixilancia dos bancos marisqueiros, e unha máquina para fabricar xeo triturado para as descargas de produtos pesqueiros e marisqueiros na lonxa de Ribadeo garantindo a conservación en fresco. Todas estas axudas enmárcanse no Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
Balseiro lembrou que as confrarías tamén contan co apoio do persoal propio da Consellería do Mar, biólogos e integrantes do servizo de Gardacostas de Galicia, que operan nas nosas costas.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



