Xove 28-12-18. O Concello de Xove, a través do departamento de Investigación Social, elaborou o libro “Baleeira de Morás” dentro do proxecto Xove Mirando ao Mar.
Ata o mes de agosto de 2015 atopábanse no Concello os edificios que formaron parte da antiga factoría baleeira de Morás, que estivo en funcionamento entre os anos 1965 e 1977.
Este libro é unha guía, unha aproximación á historia da caza dos cetáceos, onde se explica como rematou en Morás o último vestixio industrial baleeiro do Cantábrico e analiza o seu impacto industrial na zona, as relacións laborais e as condicións das primeiras traballadoras asalariadas desta empresa no municipio. É tamén unha análise da biodiversidade e a conservación dos cetáceos. O libro recolle unha ampla reportaxe fotográfica de veciños e veciñas de Xove que traballaron na factoría e cuxo testemuño serviu para elaborar o seu contido.
Este volume foi financiado polo GALP A Mariña-Ortegal e contou para a súa realización coa colaboración do CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) e coa coordinación da dirección e a área de didáctica do IES Illa de Sarón de Xove.
O Concello de Xove pon a disposición de cada casa do concello un volume gratuíto que se poderá recoller nas oficinas xerais municipais en horario de atención ao público.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



