Ribadeo, 17 de xaneiro de 2019. Acisa Ribadeo estará presente en FITUR, a Feira Internacional de Turismo, que se celebrará en Madrid a vindeira semana. A patronal ribadense estará representada polo seu presidente e o seu xerente, Francisco Iriarte e Jesús Pérez.
O presidente da asociación, Francisco Iriarte, sinalou que “a nosa labor en Madrid é traballar na promoción de Ribadeo como destino turístico, comercial e gastronómico, explicando aos operadores turísticos e aos representantes das Embaixadas o enorme potencial que ten a nosa vila, toda a súa oferta turística e de servizos, para facer de Ribadeo un referente do turismo nacional e internacional. Os servizos da nosa asociación tamén son a promoción dos nosos asociados, e qué mellor foro que a feira de FITUR para facelo”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “debemos dar un paso máis na promoción que fai a nosa asociación tanto en Ribadeo como dos seus asociados, así como das actividades que se realizan na nosa vila. Da nosa experiencia nestes eventos temos unha moi boa valoración da resposta que recibimos ao traballo de promoción, polo que cremos que debemos facer o mesmo en FITUR. O contacto cos operadores turísticos, axencias de viaxes, delegacións turísticas de España e de todo o mundo é moi importante para darnos a coñecer, e por iso nos desprazaremos a FITUR con todo o material promocional co que contamos, mapas, rueiros, guías, etc…, non soamente promocionaremos a nosa asociación e Ribadeo senón tamén aos nosos asociados e asociadas”.
Jesús Pérez engadiu que “en FITUR vimos de ser convidados pola Mancomunidade de Municipios da Mariña e pola Deputación de Lugo a dúas presentacións que haberá no stand de Galicia. Aproveitaremos esa ocasión para manter reunión cos representantes turísticos e políticos de ditas administracións, a nosa labor é dobre, obter recursos económicos das administracións para dar mellores servizos e darnos a coñecer como destino turístico”.
Acisa tamén acompañará ao Concello de Ribadeo na presentación internacional do Ribadeo Indiano, que terá lugar na Casa de Galicia de Madrid o dia 24, xoves, ás 20:00 horas. Nesta presentación intervirá o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, para facer unha pequena exposición sobre o impacto económico que este evento ten en Ribadeo e no tecido asociativo, así como o que representa para o comercio, a hostalería e os servizos.
Iriarte cre que “esta presentación internacional na Casa de Galicia de Madrid, na que exporemos ante Embaixadas e empresas turísticas o Ribadeo Indiano é moi importante para Ribadeo e para a nosa asociación. Ribadeo Indiano xera unha actividade económica moi importante desde o primeiro ano, pero si queremos que siga medrando, debemos facelo chegar a máis xente, e este é un gran paso para conseguilo”.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



