Cervo, 17 de xaneiro de 2019.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, explicou hoxe que “as Políticas de Emprego, son un dos piares sobre os que se asenta o traballo que estamos a desenvolver desde este equipo de Goberno”, e así queda reflectido no orzamento que redactamos para o ano 2019, que foi aprobado no día de onte nun pleno extraordinario, cos votos a favor do PP.
O rexedor destacou a partida dirixida á bolsas de formación remuneradas para as que se destinan 140.000 euros “concibidas para ofrecerlle á mocidade ese primeiro contacto co mundo laboral que lles reporte experiencia que lles poida resultar útil e abrilles portas nun futuro próximo”.
Villares recordou que a apertura do Centro de Día Residencia, ademais dun servizo necesario e fundamental para as familias e os noso maiores, foi unha aposta importante tamén polo emprego, xa que supuxo a creación dunha trintena de novos postos de traballo estable”.
Con este mesmo fin, precisou que tamén foi creado o Centro de Emprendemento de Sargadelos, no edificio rehabilitado das antigas cabalerizas; “no que poñemos a disposición 6 locais por un prezo simbólico de 20 euros mensuais, para favorecer o emprendemento, e que aquelas persoas con ideas orixinais e novidosas poidan comezar a desenvolver a súa actividade nunha contorna única que recibe, ademais, moitos visitantes ao longo de todo o ano”. Nas instalacións xa está en marcha desde o verán o centro ecuestre Cabaliño de Pao, e próximamente van abrir as súas portas un café bar cultural e un establecemento de alimentación ecolóxica. A día de hoxe quedan aínda locais dispoñibles.
Outra das medidas que se tomaron para impulsar a creación de emprego foi a baixada de impostos (ICIO, IAE, IBI) para a implantación e fixación de empresas no termo municipal. Esta iniciativa xa está a dar froitos “unha firma que está instalada no noso Concello vai realizar unha inversión de 15 millóns de euros, que suporá a creación de 30 postos de traballo”.
Por esta medida o Concello de Cervo recibiu o certificado de “Concello Emprendedor”, un título outorgado conxuntamente pola Xunta de Galicia e a Fegamp.
Villares apuntou que tanto “a actividade do Centro de Día Residencia como a desta empresa que amplía as súas instalacións é perdurable no tempo, polo que falamos do apoio ao fomento de emprego estable e con garatías”.
O orzamento do Concello de Cervo para o ano 2019 ascende a 7.710.667, 27 euros, unha cifra nivelada entre gastos e ingresos.























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



