Lugo, 19 de xaneiro de 2019. A Deputada pola Comarca da Mariña, Mayra García Bermúdez, participou este sábado na XVI Festa do Chícaro de Foz, coa que colabora o Goberno da Deputación cunha achega de 4.000 euros. Trátase do evento gastronómico que se celebra esta fin de semana nunha carpa habilitada no peirao de Foz e nos establecementos hostaleiros deste municipio da Mariña. O obxectivo da cita é promocionar o berberecho, produto autóctono característico da cociña da costa lucense.
García Bermúdez subliñou “o compromiso que ten o Goberno da Deputación con este tipo de iniciativas, que serven para promocionar a gastronomía da provincia, un dos nosos grandes atractivos, ao mesmo tempo que desestacionalizamos o turismo. O chícaro é un manxar que ademais de atraer ano tras ano a milleiros de visitantes dispostos a probalo, pon en valor o marisqueo, unha actividade tradicional da costa de Lugo e que constitúe un dinamizador social e económico da nosa provincia”.
Na XVI Festa do Chícaro ofrecéronse uns 1.200 quilos deste alimento só na carpa situada no peirao. As racións alí servidas tiveron un prezo de 5 euros con pan incluído, e os participantes puideron elixir entre as diferentes formas de preparación: ao vapor, empanado, á provenzal ou con fabas de Lourenzá. Ademais, a festa contou con música e animación polas rúas.





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



