O Valadouro, 23 de xaneiro de 2019.- A Consellería de Medio Ambiente ten abertas tres liñas de axuda para colaborar cos agricultores e gandeiros que sofren danos provocados por especies silvestres. Suman en total máis de 1,4 millóns de euros destinados a paliar os danos que provocan as especies silvestres sobre os cultivos agrarios (no caso do xabaril) ou nas explotacións gandeiras (no caso do lobo), así como a impulsar a adopción de medidas preventivas.
A raíz das declaracións realizadas polo alcalde do Valadouro sobre esta materia, a Delegación Territorial lembra que estas convocatorias renóvanse anualmente e permanecen abertas durante meses para axilizar o acceso ás axudas.
En concreto, a última orde comprende axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019, e no caso do xabaril os que sexan comunicados desde o 1 de xaneiro de 2019 ata o 10 de outubro de 2019.
Ademais, hai unha terceira liña de apoios que consiste precisamente en sufragar os custos que se deriven da adopción de medidas de prevención por parte dos agricultores e gandeiros. Así, serán obxecto desta subvención a adquisición de cans defensores e protectores do gando, pastores eléctricos, mallas electrificadas, e como novidade, a instalacións de valados fixos electrificados e valados fixos con malla gandeira ou cinexética metálica, para prever os danos provocados por determinadas especies de fauna silvestre (lobo e xabaril).
Nese sentido, cómpre subliñar que entre as novidades que recolle a orde de axudas por danos de lobo figura que o importe das axudas incrementarase nun 10% no caso daquelas explotacións nas que se teña comprobada a aplicación de medidas preventivas fronte aos ataques, e que fosen avaliadas como adecuadas pola Comisión de valoración correspondente.
A liña de axudas de danos por lobo increméntase nun 25% respecto da anterior convocatoria e o orzamento total destinado é de 350.000 euros, mentres que a do xabaril comporta un importe de 811.000 euros e suma un 35% máis que o ano pasado. Para medidas preventivas destínanse 300.000 euros.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



