Ribadeo, 24 de xaneiro de 2019. O alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Turismo, Ana Martínez, están estes días en Fitur mantendo unha serie de reunións de traballo co obxectivo de captar turismo para a localidade, sobre todo en tempada baixa. Este xoves, na Casa de Galicia, terá lugar a presentación internacional da sexta edición do Ribadeo Indiano, que se celebrará do 12 ao 14 de xullo.
A concelleira de Turismo, Ana Martínez, contou que “estamos dende a primeira hora desta mañá aquí na Feira de Fitur en Madrid, a delegación de Ribadeo, configurada polo Concello e por Acisa, traballando diferentes sectores do noso turismo e da economía local. Temos programadas algunhas reunións durante esta mañá, vinculadas fundamentalmente a dous sectores importantes como é o Camiño de Santiago, que nos axude un pouco a desestacionalizar e non centralizar nesa época máis estival, e tamén estamos presentando o conxunto dese Ribadeoxquesi, dese Ribadeo Indiano, do Ribadeo de praias e do Ribadeo de comercio e de compras”.
A edil ribadense cre que temos unha oportunidade importante neste marco da Feira Internacional de Turismo, e estamos aproveitando todos os recursos dos que se dispón aquí para facer chegar Ribadeo a diferentes axencias, a diferentes operadores turísticos, e para visibilizar o noso produto, o noso concello, a nivel de todo o Estado español e tamén á proxección internacional que pretendemos darlle non soamente co Camiño senón tamén con esa importante presentación que teremos hoxe pola tarde na Casa de Galicia. Nese acto de presentación internacional do Ribadeo Indiano haberá diferentes sorpresas, participacións a nivel de puntos distantes do mundo, onde a xente vai vincular e comentar a súa experiencia e o seu coñecemento dese proxecto de toda a sociedade ribadense porque é un pulso que se sinte en Ribadeo desde os seus comezos, e ese é o éxito”.
Ana Martínez convidou “á xente que poida estar aquí en Madrid hoxe pola tarde, que lle apeteza e que se queira achegar á Casa de Galicia a partires das oito, alí estaremos. A xente que non pode facelo desde Ribadeo ou desde outra parte do mundo que se conecte, a partires das oito, no facebook do Ribadeo Indiano”.
A concelleira agradece “dunha maneira sincera, xa que sen eles tampouco poderíamos facer este acto, a eses hostaleiros que vinculados ao Ribadeo de Tapeo, como é El Piano e El Oviedo, que nos van deleitar co cóctel que se servirá logo da presentación. Tamén agradecer a Pastelería La Alianza e a Panadería La Plaza pola aportación que fan con eses postres dedicados a Ribadeo. Seguiremos contando como se van desenvolver esta serie de xuntanzas e convidar a participar a quen poida estar aquí ou a facelo a través do facebook”.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



