Os premiados nesta séptima edición son os seguintes: D. Víctor Vázquez Portomeñe , exconselleiro da Xunta, impulsor do Xacobeo. D. Vicente Bravo Corchete, Coronel de Infantería e Delegado de Defensa no Principado de Asturias. Dr. Miguel Pocoví Mieras, Catedrático de Bioquímica da Universidade de Zaragoza e secretario da Fundación Grande Covián. A entrega de premios terá lugar o vindeiro 11 de febreiro e a ela está previsto que asista o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen conta coa distinción de comensal de honra Álvaro Cunqueiro dende o ano 2013.





















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



