Ribadeo, 25 de xaneiro de 2019. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo valora moi positivamente a súa participación na feira internacional de turismo Fitur, que se está celebrando en Madrid, e espera que teña moita repercusión no comercio e na hostalería ribadenses.
O presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, explicou que valoran moi positivamente o intenso traballo realizado en Fitur porque “foi un éxito de promoción do Ribadeo Indiano e do municipio en xeral e concretamente a presentación internacional do Ribadeo Indiano contou cunha afluencia espectacular de público. Ademais mantivemos reunións con operadores turísticos para reafirmar os atractivos de Ribadeo ante as axencias de viaxes e tamén tivemos xuntanzas nas delegacións de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, entre outras, para promover Ribadeo como destino turístico gastronómico, de ocio diúrno e nocturno, comercial, cultural, así como lugar de paso do Camiño de Santiago. Asistimos tamén á presentación da campaña turística da Deputación de Lugo, que ten como cabeza de cartel o Ribadeo Indiano”.
Por todo isto, engadiu Francisco Iriarte, “desde Acisa estamos moi satisfeitos co traballo realizado e confiamos en que todo este esforzo sexa beneficioso para os nosos socios e socias, para o noso comercio e a nosa hostalería”. E rematou agradecendo “a todas as persoas asistentes á presentación do Ribadeo Indiano, ribadenses en Madrid, embaixadores e delegacións diplomáticas e as intervencións de personalidades do mundo da cultura e académico, así como ás empresas ribadenses que participaron no evento, entre as que había varias socias de Acisa, e ao Concello de Ribadeo”.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



