Lugo, 25 de xaneiro de 2019. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, mantivo este venres un encontro cos representantes dos 7 clubs lucenses de piragüismo, para afondar na colaboración do Executivo con este deporte de fonda pegada en toda a provincia. O Executivo Provincial achegará nesta anualidade 85.000 euros aos clubs, correspondentes ao convenio asinado en 2017 para a promoción desta disciplina no conxunto do territorio lugués. O acordo contemplaba unha axuda de 215.500 euros repartidos en tres anualidades. Os clubs perceptores da axuda son: Club Deportivo San Ciprián, Club Piragüismo Cidade de Lugo, Club Fluvial de Lugo, Club Kayak de Foz, Club Piragüismo Viveiro, Club Piragüismo Altruan, de Ribadeo e Club Montaña Quixós, de Monforte de Lemos.
Esta achega enmarcase dentro do Programa de promoción provincial do piragüismo co obxectivo de achegar esta disciplina deportiva, en todas as súas modalidades, a poboación tanto aos adultos como aos máis pequenos, esta campaña inclúe actividades de promoción nos centros educativos, a formación de técnicos nas diferentes especialidades do piragüismo, e o asesoramento aos diferentes equipos.
Rivera Capón destacou “un ano máis cumprimos o noso compromiso co piragüismo. Durante o 2018 as axudas que o Goberno da Deputación achegou a este deporte, ascenderon a preto de 170.000 euros. Cómpre destacar tamén o bo facer dos clubs, pois grazas ao seu traballo desde a Deputación podemos promover a organización de eventos e ofrecerlles bolsas individuais a algúns dos mellores piragüistas da provincia”.
Un ano máis serán os clubs os que xestionen a Escola de Piragüismo, un modelo de éxito que comezou en 2017, baixo a premisa de que son as propias entidades quen mellor coñecen as súas necesidades e quen deben marcar a folla de ruta para facer da Escola unha plataforma de divulgación deste deporte.
O Pazo de San Marcos acollerá a Gala do Piragüismo Galego
Durante a reunión, o Deputado anunciou que este ano o lugar elixido para a celebración da Gala do Piragüismo Galego foi a Deputación. O evento terá lugar o sábado 9 de febreiro, e nel premiaranse aos mellores padexeiros, clubs e regatas das diferentes variedades do piragüismo galego. Para Rivera Capón “a elección do Pazo de San Marcos, como sede desta gala constata unha vez máis o apoio do Goberno da Deputación a un dos deportes referentes na comunidade e na provincia, o máis laureado olimpicamente, un apoio que xa se confirmou cando en 2017 recibimos, xunto coa Deputación de Pontevedra, o galardón á Mellor Colaboración Institucional”.





















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
