Burela 26-1-18. Cómpre unha comparecencia pública do rexedor de Burela, que explique o éxito e alcance dos planes de emprego feitos cada ano polo concello. Non é unha cuestión que pida CxG Burela, é un obrigado cumprimento da Lei de Transparencia, que este Alcalde descoñece e obvia continuadamente.
No colmo da inexperiencia política e na falta total de seriedade, outorgase a si mesmo a delegación de emprego, sen que os concellos teñan competencias. Mais cada ano figura nos orzamentos unha cantidade a este fin. Dende CxG Burela opínanos que é función do alcalde dar contas e non so ir pasear a FITUR. Polo que solicitamos que publicamente informe ós veciños de:
•Partidas orzamentarias de fomento de emprego en 2016-2017-2018 e 2019.
•Grado de execución das mesmas e aprobación da conta por parte dos técnicos municipais.
•Número de persoas beneficiarias.
•Numero de persoas con inserción profesional de dito plan.
•Número de empresas participantes.
•Contía de achegas de outras administracións.
Temos constancia de que o Alcalde descoñece estes datos, porque limitan o plan de emprego a contratacións en precario para carrexar votos. A falla de credibilidade do Sr. Llano xa afecta ó seu partido que sabemos está a valorar un candidato alternativo.
O problema real é que en catro anos dende o Consistorio non se buscou ningunha acción real de fomento de emprego: 0 investimento en polígonos, 0 investimento en promoción empresarial, 0 investimento en axudas, o planificación.
EXECUTIVA LOCAL DE CxG BURELA




















Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



