Burela, 28 de xaneiro de 2019. O vindeiro domingo, 3 de febreiro, ás 18:00 horas chegará ao Auditorio Municipal de Burela o espectáculo para público familiar do Circo Fantasy Show, que contará con malabaristas, equilibristas, pallasos, artistas que participaron no programa televisivo Tú si que vales e personaxes de Canta y Juega, Pepa Pig, Bob Esponja e Patrulla Canina.
As entradas terán un custo de 5 euros e poderanse adquirir en billeteira o mesmo día da función dende as 16:30 horas.
Po outra banda, o gaiteiro asturiano Bras Rodrigo, coordinador-executivo para Europa do desfile de San Patricio de New York, o festival celta máis antigo, máis grande e máis importante do mundo, ofrecerá un concerto en Burela este sábado, 2 de Febreiro, ás 21:00 horas no Auditorio Municipal. Alí presentará o seu segundo traballo discográfico A pause in New York, nunha noite máxica na que estará acompañado da banda local de gaitas da ACM Dambara e o gaiteiro carballiñés Isidro Vidal. As entradas para asistir a esta concerto están á venda ao prezo de 8 euros en www.wegow.com
Desde xeito, con música e con circo, arrinca a programación cultural do Concello de Burela para o mes de febreiro. A axenda tamén inclúe sesións de cine infantil os domingos 10 e 17 e o 23 estará na vila A Xanela do Maxín con O murmurio do mar.
Escoita aquí a entevista a Bras Rodrigo emitida en RadioVoz
https://www.facebook.com/RadioVoz-A-Mari%C3%B1a-967010066652409/





















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



