Burela, a 31 de xaneiro de 2019.- O Grupo Municipal do PP burelés acusou hoxe a Alfredo Llano e Ramiro Fernández de “mirar para outro lado e non querer ver os serios problemas que están a presentar os servizos de recollida de lixo e limpeza viaria, tanto no referido á propia prestación do servizo coma no referido á política de persoal da concesionaria do servizo”.
Os populares aseguran que “a día de hoxe hai colectores de papel e cartón cheos que non se baleiran dende primeiros de ano. Hai zonas que quedan durante días sen barrer. Só se limparon uns poucos sumidoiros a mediados de setembro e dende aquela non se limpou ningún co risco que iso representa en caso de choivas torrenciais. Os desbroces só se fan puntualmente e non coa periodicidade marcada nos pregos. Os baldeos fanse exclusivamente en Arcadio Pardiñas e nas prazas de A Mariña e do Concello, pero en ningunha zona máis. Hai unhas semanas o punto limpo estivo pechado dous sábados. Os colectores amarelos están a cotío a rebentar e en multitude de ocasións só se baleiran unha vez á semana. En definitiva, un auténtico desastre”.
Desde o Grupo Municipal Popular afirman que “a política de persoal da concesionaria non ten mudado, a pesares das denuncias deste grupo político, por culpa de Llano e Fernández Rey: a día de hoxe hai catro traballadores de baixa e tres de vacacións dun total de dezaseis traballadores e só se contrataron dúas persoas para cubrir eses sete postos. Así, é materialmente imposible que o servizo estea debidamente cuberto. Por outra banda, a concesionaria comunicoulles aos traballadores a mediados de decembro que non se pagarían máis horas extras co que o servizo aínda empeorou máis. Con este caos e con este persoal tan reducido, os traballadores non saben hoxe o traballo que terán que facer mañá. E todo isto, co beneplácito de Llano e Fernández Rey”.
Pero os edís do PP tamén aseguran que “as baixas que non se cobren tradúcense en cartos que aforra a concesionaria, pero que entendemos que non desconta nas facturas que lle pasa ao Concello. Polo tanto, estariamos a pagar coma se a plantilla estivese ao cen por cen e os servizos se estivesen a facer de acordo cos pregos de condicións e os contratos”.
“Non sabemos que intereses moven ao Sr. Llano e ao Sr. Fernández Rey a non tomar cartas no asunto e non querer ver o que todos vemos, agás eles. Cos cartos de todos non se xoga. E pagar por servizos que pode que non se estean a facer, non sería nin lóxico nin explicable”, rematan os populares.



















Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



