Burela 3-1-19. Non podía durar sempre. Avisaban durante a semana Juanma Marrube e Renato do perigo do Bisontes Castellón e así foi. Os valencianos demostraron que querían máis, con contundencia e claridade de xogo, e conseguiron romper a imbatilibilidade dos de Juanma Marrube, que a pesar do 0-4 en contra se manteñen na pugna da primeira praza, con 42 puntos, empatados con Betis, tras o 10-2 ante Tenerife.
Os laranxas responsabilizáronse da posesión do esférico, cunha presión asfixiante dos castellonenses, en primeira liña sen facer progresar o balón. Así o rival, non desaproveitou a súa primeira ocasión, no minuto 7, culminada por Txema, que gañou a partida fronte a Lucho e Edu, a pase de Genís. O 0-2 puido chegar na seguinte xogada, cun disparo cruzado David, que case roza o pau. Reaccionaron os laranxas cunha galopada de Iago Míguez, no 8, que salvou Nacho Serra coa man. Aos poucos foron facendo máis incisiva a súa circulación de balón os do Mariskal, xerando moito perigo sobre a rede castellonense. Dunha ocasión de ouro dispuxo R. Vargas, no minuto 15, recibindo un pase longo de Renato, que se lle foi por pouco. Renato, no 19, volveu poñer moito perigo desde saque de banda, nun disparo que non puido rematar Pope, pegado ao pau. Edu, a escasos 10 segundos para a bucina do descanso, despexou co pé a única chegada dos de Manolín, a tentativa de Genís.
Antes de cumprirse o segundo minuto da reanudación, foi precisamente Genís o que ampliou distancias para o Bisontes. Avisou R. Vargas en dúas ocasións, chegaron en galopada primeiro Iago Míguez e despois Juanfran, intentouno Mata desde saque de banda de Joselito… en menos de dous minutos. Volveu á carga o Pescados Rubén, cun roubo de Lucho, que non puido sentenciar Matamoros. Recompensa excesiva recibiron os visitantes, no 28, co 0-3 de Rangel, tras unha eterna loita de rexeites na área de Edu. Con case doce minutos por diante, Matamoros saíu como porteiro xogador. Chegaron un par de ocasións ás mans de Nacho Serra e aproveitou Castellón para ampliar con Juanito a pase de Malawy, con Pope baixo paus. Parecía omnipresente Nacho Serra fronte á avalancha laranxa. Definitivamente a fortuna non estaba hoxe ao lado local; Salah foi o obstáculo de Mata no dobre penalti (minuto 36), a defensa freou a Lucho en dúas ocasións (minuto 37) e Luisma estrelouse coa rede (minuto 38). Así pelexou ata a extenuación o Pescados Rubén sen éxito.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Luisma, Juanfran, Pope, R. Vargas, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Renato, Hélder, Iago Míguez, Joselito, Matamoros
Bisontes Castellón FS: Nacho Serra, Rangel, Diego, Malawy, David, cinco inicial; tamén xogaron Tití, Juanito, Pipi, Genís, Txema, Lorca, Salah
Goles: 0-1, minuto 7, Txema; 0-2, minuto 22, Genís; 0-3, minuto 28, Rangel; 0-4, minuto 30, Juanito
Árbitros: Miguel Velasco F. // Miguel Velasco R. (Castela e León). Por Bisontes amarela a Rangel (minuto 16), Pipi (minuto 32)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 19 de Segunda LNFS disputado en Vista Alegre preto de 800 persoas.





















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
