Ribadeo, 6 de febreiro de 2019.-O delegado territorial, José Manuel Balseiro, asegura que as queixas do alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, nas que sementa dúbidas sobre o proceder da Xunta para autorizar da apertura da nova residencia “son pura demagoxia”
“O que non ten ningún sentido é que a mesma persoa que tardou seis meses en solicitar á Xunta o permiso de actividade desde que remataron as obras da residencia, agora poña o grito no ceo porque a Xunta leva mes e medio estudando a documentación que desde o Concello presentaron”
Os medios de comunicación recollían que as obras de construción do edificio da residencia remataron a principios do mes de xuño –á falta de pequenos remates no exterior- e non foi ata mediados de decembro cando solicitou á Xunta este permiso.
Balseiro lembra ademais que para proceder á apertura da residencia de Ribadeo faltan aínda outros trámites pendentes, como son a selección de persoal e a adxudicación dos servizos do centro, “que aínda o Concello non completou, son exclusiva responsabilidade municipal e para os que non necesita a autorización da Xunta”.
Finalmente o delegado territorial recorda que Fernando Suárez sempre se negou á colaboración da Xunta en todo este proceso.
“Primeiro renunciando á posibilidade de concertar 40 prazas na residencia, que suporía unha achega de entorno a 700.000 euros anuais pagados pola Xunta. E, en segundo lugar, rexeitou o medio millón de euros que a administración autonómica estaba disposta a ofrecer porque nin tan sequera entregou a documentación que se lle pedía, nin fixo a xustificación oportuna”
Balseiro cre que si o alcalde de Ribadeo estivese nunha empresa privada xa estaría despedido “porque foi un mal negociador, en contra dos intereses dos seus veciños” e insiste en que pensar que a Xunta retrasa deliberadamente o permiso de inicio de actividade “é propio dunha mentalidade infantil ou moi retorcida”






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



