Burela, 6 de febreiro de 2019. O Concello, en colaboración con AutoClásicos da Mariña Lucense, organiza a I Quedada de Vehículos Clásicos que se celebrará este sábado, 9 de febreiro, na localidade. Os coches estarán de 11 a 14 horas na praza do Concello e despois realizarán unha ruta por Burela. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, anima a acudir a ver esta cita na que se darán cita vehículos dos anos 60 e 70.
O edil burelés anunciou que “o vindeiro sábado, día 9 de febreiro, imos ter aquí en Burela, en colaboración co Club Autoclásicos da Mariña Lucense, unha exhibición de coches antigos. Pedíronos autorización para poder facela aquí e desde a Concellería de Turismo pareceunos unha iniciativa interesante”.
Ramiro Fernández Rey contou que “na praza do Concello, a partir das once de mañá, imos ter unha demostración de coches antigos que vai constar máis ou menos de trinta coches, dos anos 60 e 70. Entendemos que é unha actividade que pode ser interesante e que na xente seguramente esperte curiosidade os coches desa época”.
O concelleiro de Turismo explicou que “sobre as once da mañá teñen prevista a chegada á praza do Concello, e ata as dúas da tarde estarán por aquí ensinando a todos os curiosos que queiran ver todos eses modelos antigos de coches. Despois desprazaranse a un restaurante de Burela para comer, e xa pola tarde farán unha ruta que teñen planificada para dar un paseo por Burela e pola costa”.
Fernández Rey engadiu que “como Delegación de Turismo colaboramos con esta iniciativa. Entendemos que é interesante posto que este tipo de actividades tamén atraen xente a Burela e estamos encantados de poder colaborar con eles. Esperamos e invitamos a toda a xente que teña curiosidade por ver este tipo de coches, que se mova pola praza da Mariña este sábado e seguro que quedarán contentos”.
O edil burelés anunciou que “vai haber un corte de tráfico, entre Rosalía de Castro e Pardo Bazán, para que a xente se poida mover con seguridade pola zona do Concello, e repetir a invitación a que a xente poida achegarse e ver eses coches”.
























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



