Mondoñedo 11 febreiro 2019: Dende a Asociación As San Lucas de Mondoñedo, organizadora das Feiras e Festas das Quendas, informan que as entradas para asistir ao concerto de Blas Cantó, poderanse adquirir dende esta tarde.
En concreto, o presidente da Asociación organizadora, Miguel Souto, explica que as entradas estarán dispoñibles, a partir das 16:00 horas, na plataforma Woutick: https://www.woutick.es/evento/418/entradas-blas-canto-en-mondo%C3%B1edo?place=233&date=30-04-2019&time=22:00&quantity=1
O custo das entradas é de 22 euros máis gastos de xestión.
O coñecido artista murciano ofrecerá un concerto en acústico no auditorio Pascual Veiga da cidade mindoniense dentro da programación das Feiras e Festas das Quendas, que organizadas pola Asociación As San Lucas en colaboración co Concello, celebraranse este ano entre o 29 de abril e o 1 de maio. O concerto será o 30 de abril, ás 22:00 horas.
Na propia plataforma de venda de entradas Woutick (www.woutick.es) din que Blas Cantó é considerado un dos artistas máis prometedores no panorama da música española actual. Tras a súa experiencia dende pequeno no mundo da música, durante sete anos formou parte da boy band ‘Auryn’, coa que acadou todos os récords de vendas en España e coa que logrou números un, os máis prestixiosos premios nacionais e internacionais, discos de platino e un gran éxito en latinoamérica. No 2016, participou no programa ‘Tu cara me suena’ e no 2017 anunciou a data de lanzamento do seu primeiro sinxelo ‘In your bed’. O mesmo día da súa estrea, Blas Cantó gañou a quinta edición deste programa.
Blas Cantó obtivo discos de Ouro e Platino co tema ‘El no soy yo”, sinxelo que foi número un da lista de Los 40. No pasado mes de setembro, o artista tamén publicou o álbum de estudio ‘Complicado’, que en tan só unha semana da súa estrea, conseguiu o primeiro posto na lista oficial de vendas de España.
Agora estará en Mondoñedo para dar un concerto no que fará desfrutar das súas cancións e no que Miguel Souto ve “tamén un bo medio de promoción da nosa cidade, xa que o turismo é un dos activos de Mondoñedo e así as San Lucas e As Quendas son fundamentais para a economía da nosa cidade”.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



