NOTA DE PRENSA
Os populares aseguran que nos presupostos municipais non hai cartos para as axudas dos corenta euros.
Para o PP, “o bipartito está dando axudas irregulares a certos colectivos”.
O PP afirma que o responsable do desastre presupostaria é o alcalde.
O PP de Burela asegurou hoxe que os presupostos municipais para o presente ano volven a deixar sen subvencións ás asociacións e colectivos culturais, e tampouco presentan cartos para facer fronte ás axudas dos corenta euros de principio de curso. Para os populares, o bipartito, sobre de todo Nieves Cando, pasará á historia por deixar por segundo ano consecutivo ás asociacións e colectivos sen axudas para as súas actividades, e tamén por ser os reis do engano masivo.
Os populares consideran que as subvencións para as asociacións estanse dando de forma encuberta e sen ningún tipo de publicidade, transparencia ou concurso público ó respecto, tal e como se recolle nun informe elaborado polo propio concello. Deste xeito, o bipartito sáltase a lei, e paga facturas, algunhas de máis de tres mil euros, solo a determinados colectivos e asociacións. Esto xa tén acontecido recentemente, xa que no rexistro de entrada do concello, en dous días, entraron tres facturas, unha de máis de seiscentos euros, outra de mil cincocentos, e outra de tres mil douscentos dez euros, que corroboran o que nós decimos. O informe salienta que esa práctica, cando menos, é irregular, porque as subvencións ou son nominativas, e polo tanto aparecen nos propios presupostos, que non é o caso, ou hai que facer un concurso público para concedelas, que tampouco é o caso, porque non hai fondos específicos nos presupostos de 2010 para eso. Por eso entendemos que a política cultural que se leva desde o concello é sectaria e oscurantista.
O GMPP califica de engano as axudas dos corenta euros de principio de curso, porque se as de 2009 ainda non se pagaron, nos presupostos municipais para 2010 non aparece nin un só euro. Agora o bipartito pode decir o que queira, pero a realidade é tozuda e pón a cada quen no seu sitio. Os populares entenden que non se pode xogar coas cousas de comer en tempo de crise, e que a pretendida preocupación do bipartito polas familias queda mui en entredito.
Para os populares, o grande responsable de toda esta situación é o alcalde, unha persoa de carácter débil, incapaz de fixar criterios e aplicalos, que se deixa influir e manexar, e que reduce o seu compromiso ós seus xa coñecidos saudos habituais e reiterativos que non solucionan nada. Non hai unha política económica seria e rigurosa que nos permita pensar que os presupostos poden axudar a capear a crise económica, algo que debe liderar o alcalde.

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



