Lugo, 13 de febreiro de 2019. Ante a nova información manipulada e terxiversada feita hoxe polo Partido Popular, o Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campo Conde, trasladou o seguinte a preguntas dos medios de comunicación:
“Comezou a campaña sucia do Partido Popular. Hoxe fan referencia a unha persoa que leva traballando na Deputación hai meses, ao igual que outros 10 profesionais, que pasaron uns procesos de selección públicos e abertos a todos os cidadáns, nos que evidentemente non se miran as condicións persoais ou ideolóxicas de ninguén… Entre estas 10 persoas haberá de seguro votantes do PP, PSOE, BNG ou de calquera outra formación política, cuestión que descoñecemos…”.
Son 10 persoas que pasaron uns procesos selectivos públicos e abertos, permitíndolles formar parte de bolsas de emprego da Deputación como persoal laboral público con carácter temporal, ás que se acoden en funcións das necesidades laborais na institución.
“Na Deputación convócanse procesos selectivos abertos a todos os cidadáns e totalmente transparentes, dos que se ocupan técnicos provinciais e profesionais doutras institucións, que tamén participan en procesos nos Concellos…”.
“Onte falaban doutro traballar público que recibiu unha atribución temporal de funcións, ao igual que outras 18 persoas mais. E entre elas haberá xente que vote a uns partidos e outros…”.
“Pero bueno… estamos na caza de bruxas do PP, que ten uns problemas internos duros e difíciles e que dalgunha maneira ten que embarrar o escenario político e o fai sempre desprestixiando ás persoas, como xa non ten acostumados”.




















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



