LUGO .- A Deputación está a aumentar o número de cursos que o Centro de Artesanía e Deseño, está a organizar nos colexios da provincia debido ó éxito de convocatoria.
NOTA DE PRENSA
A Deputación aumenta o número de obradoiros nos colexios da provincia debido ó éxito de convocatoria
Máis de 2.000 cativos participarán nas 200 xornadas formativas que organiza o Centro de Artesanía e Deseño
A Deputación está a aumentar o número de cursos que o Centro de Artesanía e Deseño, dependente do organismo provincial, está a organizar nos colexios da provincia debido ó éxito de convocatoria. Deste xeito, dende que comezou a programación de obradoiros portátiles no mes novembro e ata xuño, o CENTRAD celebrará unhas 200 xornadas formativas en centros de ensinanza de todas as comarcas lucenses, e nas que poderán participar máis de 2.000 nenos.
O Centro de Artesanía e Deseño presentou a oferta de obradoiros para o curso académico 2009-2010 o pasado mes de maio. Todos os centros de ensinanza recibiron unha invitación para participar de forma totalmente gratuita en distintas xornadas nas que os cativos coñecen as oríxenes e técnicas dos oficios tradicionais. Os únicos requisitos son que os artesáns estén acompañados por persoal do colexio, e que o número de participantes para cada curso non supere os 10 rapaces.
Dende entón, o CENTRAD segue a recibir peticións por parte dos centros de ensinanza, e mesmo de asociación de pais, para organizar novas xornadas debido ó número de cativos interesados nos cursos sobre fabricación de papel, encadernación, cestaría, tapiz, monicreques, e instrumentos musicais.
Deste xeito, a Deputación vén de ampliar o número de obradoiros no IES Gregorio Fernández de Sarria onde preto de 30 nenos enchían a lista de espera para participar no curso sobre instrumentos musicais. Da mesma forma, os colexios de Becerreá e Riotorto tamén se incorporaron recentemente ó programa.
O organismo provincial está a elaborar a programación de obradoiros portátiles para o curso 2010-2011, na que xa hai 160 cursos pechados malia que as previsións indican que o número se incrementará.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



