Ribadeo, 28 de febreiro de 2019. O Concello realiza estes días traballos de adecentamento no aparcadoiro comprendido entre as rúas Alfredo Deaño, Pintor Fierros e Avenida de Galicia. O PXOM, xa consolidado, contempla a creación dunha zona verde e deportiva nesa importante bolsa de terreo, segundo subliña o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor ribadense explicou que “estamos levando a cabo esta actuación, nesta importante zona verde e zona dotacional que deixou establecida o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, que recentemente quedou consolidado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ao decaer varios recursos que había contra el. Polo tanto, con este plan de urbanismo moderno e vixente que temos é agora cando estamos iniciando esta actuación, sabendo que nesas inmediacións están proxectada unha nova zona deportiva e unha zona verde. Pero de momento, nestes días, e atendendo ás suxerencias do vecindario, que tiña toda a razón, estamos adecentando unha boa parte de toda esta zona que agora está ocupada parcialmente por un aparcamento con base de zahorra no que estacionan moitos camións”.
Suárez Barcia dixo que “había unha zona que estaba totalmente agreste e estamos desbrozando e sacando residuos, polo que nestes días veremos como vai quedando unha zona de esparexemento libre, pública e adecentada, de feito estámola agora sementando”.
O alcalde espera que “sexa un primeiro paso para que dentro de non moito tempo, deberemos expropiar unha parte deses terreos, porque hai unha parte que xa é pública pero hai outra na que se require a expropiación, e nesa gran mazá que delimita Alfredo Deaño, Avenida de Galicia e a rúa Pintor Fierros, poida haber un parque e unha zona deportiva. Algo que, grazas a todas as virtudes que ofrece o Plan Xeral de Ordenación Municipal, poidamos nos vindeiros anos seguir tendo espazos públicos que non ten Ribadeo desde o século XIX, porque hai que recordar que o parque que ten Ribadeo é o mesmo que tiña no ano 1880, por poñer por caso. Agora que o novo plan establece estas posibilidades, espero que vaiamos dando pasos firmes neste senso”.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



