Lugo, 1 de marzo de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou hoxe aos alcaldes de Alfoz, Jorge Val, e O Valadouro, Edmundo Maseda, que os seus concellos van ser incluídos na sinalización da A-8, tal como lle solicitaran os dous rexedores municipais.
Isabel Rodríguez comunicoulles aos rexedores de Alfoz e O Valadouro que o Goberno atenderá a súa xusta demanda, pola que levan moito tempo pelexando. “Felicitei aos dous alcaldes por este logro que levan anos reivindicando a inclusión de Alfoz e O Valadouro na sinalización vertical das saídas da Autovía A-8, unha demanda que este Goberno atende porque considera que se trata dun acto de xustiza que beneficiará sen dúbida a estes dous concellos da Mariña interior”.
A subdelegada explicoulles a Jorge Val e Edmundo Maseda que Fomento xa ten encargado o sinal que indicará cal é a mellor saída da autovía para viaxar ata os concellos de Alfoz e O Valadouro. No sinal, que indica a saída 536 da A-8, incluiranse os nomes das capitalidades dos dous municipios, indicación A Seara (Alfoz) e Ferreira (O Valadouro), xunto cos de Lourenzá e Mondoñedo.
A instalación da nova sinalización producirase logo das xestións feitas pola subdelegada do Goberno para dar cumprimento a unha demanda pola que os dous concellos levan agardando máis de catro ano. As Corporacións locais de Alfoz e O Valadouro adoptaron acordos plenarios en 2014 no que facían esta reivindicación para acabar coa marxinación dos dous concellos na sinalización da A-8 e, dende ese momento, os seus alcaldes realizaran múltiples xestións con anterior Goberno que nunca atendeu as súas peticións.























Subliñou tamén a unión veciñal arredor desta cita gastronómica, que comparte protagonismo con outras festas da contorna. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, incluído nun programa que reúne artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, terá lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



