A Mariña, 28/02/2019. Desde o 18 de xaneiro, día en que tivo lugar o primeiro encontro
de Galegas 8M na comarca, centos de mulleres estanse achegando ao movemento
feminsita da Mariña co obxectivo de encher Lugo o 3M e secundar, en todas as vilas
e aldeas da contorna, a folga laboral, de coidados, estudantil e de consumo
convocada para o 8M.
Atrás quedan máis dunha ducia de encontros locais e comarcais que tiveron lugar en
Burela, O Vicedo, Xove, Viveiro, Foz, Lourenzá, O Valadouro, Barreiros, Ribadeo…dos
que xurdiron múltiples propostas para acompañar as mobilizacións dos vindeiros días
e que permitiron achegar o feminismo ao ámbito máis rural da comarca. Por diante,
dúas xornadas ateigas de reivindicacións, de revolta feminista, polos dereitos das
mulleres.
A presenza da Mariña notarase o 3M en Lugo, 3 autobuses viaxarán á capital da
provincia desde Viveiro, Burela e Ribadeo ateigados de mulleres de todas as idades,
de todos os concellos da comarca e baixo o paraugas de GALEGAS 8M A MARIÑA.
Unhas portando a faixa, outras tocando o batuque, outras cantando o Verdegaio-
Lilá, e todas e cada unha cunha mensaxe clara de rexeitamento do patriarcado e do
machismo que siguen perpetuando as fendas de xénero (fenda salarial, xustiza
patriarcal, desigualdade nos usos dos tempos…).
Mais o 8M na comarca, tamén vén cargado de propostas pola Mariña adiante. Desde
o Xoves de Comadres Feminista que organizan en Viveiro ata o pendurado de mandís
que se promoverá en Lourenzá. En cada municipio as mulleres foron quen de
organizarse para visibilizar a xornada de folga e as razóns para a mesma. O 8M
desde pola mañá Burela acollerá na Praza de Abastos diferentes obradoiros de
debuxo, batuque, teatro ou pancartas, ademais dun xantar de mulleres no local de
Xebra Associaçom; en Ribadeo, diferentes comandos informarán na vila sobre a
xornada de folga e sobre o programa de actividades que se desenvolverán no Cine
Teatro ao longo de todo o día, que inclúe a proxección de curtas feministas e unha
manifestación con saída da Praza 8 de marzo; en Viveiro, unha concentración ás 12
da mañá na Praza do Concello dará paso a varias actividades e xogos feministas
como o trivial, o pasapalabra e a elaboración dun mural colaborativo; en Foz, a partir
das 11 da mañá, música, pintada de mandís e panos, patinaxe e outras actividades
darán paso a unha concetración que terá lugar ás 13 horas; en Xove terá lugar unha
xuntanza de mulleres ao longo da tarde; Lourenza, Mondoñedo e O Valadouro prevén
pendurar tendais de mandís nas prazas principais. Mais isto non é todo, o fío
condutor desta xornada será a manifestación comarcal que sairá ás 20 horas da
Estación do Tren de Burela, convocatoria que mobilizará unha caravana feminista de
coches que partirán sobre as 18 horas desde O Vicedo e desde Ribadeo, con parada,
cada media hora, en todos os municipios que levan á vila burelá, para facerse ver e
para transportar a mulleres que non teñen forma de desprazarse.
Desde Galegas 8M A Mariña animan a todas as mulleres a sumárense a estes actos
de reivindicación da igualdade e de visibilización da loita polos dereitos das mulleres.





















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



