Lugo, 1 de marzo de 2019. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, inaugurou este venres a casa de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo, un edificio que contou co principal patrocinio da Deputación, cunha achega de 308.000 euros. Trátase dun inmoble privado, que foi cedido ao Concello e para o que os veciños demandan a súa titularidade pública para o seu desfrute, pois arranxouse con fondos públicos.
“Hoxe demostramos que somos unha Deputación que apoia todos os proxectos, goberne quen goberne, atendendo sempre as prioridades de cada Concello e dos seus veciños. Por iso, insisto, é necesario investir en espazos públicos, para reverter os recursos de todos os lucenses para todos os lucenses”, remarcou o Presidente.
Campos Conde dixo que “celebramos ter contribuído decisivamente desde o Goberno da Deputación a que na cidade de Mondoñedo onde naceu e residiu Cunqueiro boa parte da súa vida, e onde repousan os seus restos e a súa memoria é devoción, haxa un lugar para que os seus veciños, lectores e lectoras, investigadores e admiradores da súa xenial e irrepetible obra poidamos coñecer máis e mellor a un home que tanto lle regalou á nosa lingua e á nosa literatura”.
A Deputación a máxima impulsora con 308.000 euros
O Executivo Provincial realizou un investimento total de 308.000 euros, dividido en tres anualidades. No ano 2015 achegou 9.500 euros, no 2016 investiu 170.800 euros, e no 2017, a ultima anualidade, executou un total 128.148 euros. O Concello fixo unha achega de 16.200 euros para a adecuación deste inmoble. A última fase do proxecto, a musealización, promoveuna a Xunta con 120.000 euros.
Figura sobranceira de todos os tempos
Álvaro Cunqueiro Mora (Mondoñedo, 1911 – Vigo, 1981), poeta, narrador, xornalista, tradutor, gran orador e extraordinario fabulador, autor dunha extensa e insuperable obra literaria, é unha figura sobranceira das letras galegas do s. XX e de todos os tempos. Ao longo da súa extensa carreira recibiu diversas distincións como o Premio Nacional da Crítica en 1959 polas Crónicas do Sochantre. En 1961 ingresou na Real Academia Galega, e no ano 1968 recibiu o Premio Nadal pola novela Un home que se parecía a Orestes; e por Herba aquí e acolá, unha colección de poesías, foi premio Frol de Auga en 1979. O seu historial tamén conta co Premio da Crítica de narrativa galega, por Os outros feirantes. Como xornalista recibiu o premio Conde de Godó. En 1991 adicouselle o Día das Letras Galegas.
O número 13 da Praza da Catedral de Mondoñedo
A casa familiar de Álvaro Cunqueiro, onde escribiu parte das súas obras, atopase situada no número 13 da Praza da Catedral de Mondoñedo. Este inmoble, cedido ao Concello por 50 anos, atopase no ámbito de protección do plan especial de reforma interior de Mondoñedo. O proxecto, promovido polo Concello de Mondoñedo, co obxectivo segundo consta no seu informe de: poñer en valor a edificación e dispoñer dun centro para lembrar ao ilustre escritor, de modo que se reconstruirán os espazos cos materiais, as luces e os obxectos que había cando a casa estivo habitada por Cunqueiro e o visitante senta no ambiente no que o vivía.
4 plantas en 289 metros dun edificio singular
O inmoble, un edificio singular, conta cunha superficie útil de 289 metros, divididos en 4 plantas. Na Planta baixa está ubicada a recepción e o café tertulia; na Planta primeira, as salas expositivas e os servizos. Na Planta segunda, hai un espazo de estudo e exposición, ademais da gastroteca, e no espazo de baixo cuberta os espazos máis persoais adicados a Cunqueiro. Durante as obras de remodelación atopáronse achádegos arqueolóxicos que datan da época romana, así como pinturas que segundo as investigacións son do s.XV, polos tanto, restauráronse e conserváronse. O edificio tamén conta con outro elemento de conservacións único, como o tabique de pallabarro, que foi restaurado coa mesma técnica utilizada para a súa construción.
Rehabilitación integral
As obras que se executaron neste edificio da Praza da Catedral con 308.000 euros do Executivo Provincial ao longo deste anos consistiron en diversas actuacións, previo desescombro do inmoble. Concretamente procedeuse á rehabilitación integral da casa coa renovación e instalación de novas redes de saneamento, fontanería, calefacción, iluminación e ventilación, así como os pavimentos e os acabados do mesmo. Tamén se instalou un ascensor e a restauración de toda a fachada do edificio, entre outras obras.
Inauguración
Ao acto de inauguración en Mondoñedo, que consistiu nunha visita guiada ao inmoble, asistiron tamén a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Conselleiro de Educación, Roman Rodríguez, a Alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, entre outras autoridades.
Apoio ás casas de escritores da provincia
O Goberno da Deputación contribúe a dinamizar as programacións, rehabilitar, e conservar as casas de escritores da provincia. Ademais da casa de Cunqueiro en Mondoñedo, promoveu en Guitiriz a recuperación da casa natal do poeta Díaz Castro, contribúe ao mantemento da casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei. E tamén realizou obras de mellora na Casa da Fonte, sede da Fundación e Casa-museo do poeta do Courel, Uxio Novoneyra. Todos estes proxectos supuxeron un investimento do Executivo Provincial de 403.000 euros.
























A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



