Lugo, 2 de marzo de 2019. Viveiro acollerá a única residencia na Comarca para persoas con discapacidade intelectual, que hoxe teñen irse á Coruña e Pontevedra. ASPANANE (Asociación de Pais e Persoas con Discapacidade Intelectual) contará con estas demandadas instalacións grazas ao seu esforzo e á implicación directa do Concello. A Alcaldesa, María Loureiro, apoiou dende o primeiro momento ás peticións deste colectivo, co que a entidade local mantén unha estreita colaboración. Loureiro implicou a representante da Corporación Municipal, acadou dende o primeiro momento á axuda da Deputación, a do Goberno Central a través da Subdelegación en Lugo e, finalmente, tamén a da Xunta de Galicia.
ASPANANE poderá rehabilitar o edificio no que na actualidade se sitúa a Escola Oficial de Idiomas (en Lavandeiras, Celeiro). Deste xeito, este colectivo concentra no mesmo espazo todos os seus servizos, pois alí, en edificios cedidos polo Concello, xa se atopan o seu centro de día e centro ocupacional.
A Escola Oficial de Idiomas, que conta con máis de 240 alumnos da Comarca, manterase en Viveiro. Pois a Alcaldesa, coa colaboración da Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, conseguiu que a Dirección Xeral de Tesourería do Estado ceda ao Concello a antiga Escola de Celeiro, actualmente en desuso.
Para posta en valor e rehabilitación deste inmoble, a Rexedora acadou un convenio a tres bandas: Concello de Viveiro, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia. As tres administracións financiarán a partes iguais estas obras dun total de 500.000 euros.
A Alcaldesa informou este sábado de todas as xestións realizadas e as actuacións que se levarán a cabo nun encontro no que participou o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.
“Un día de noraboa e exemplar”
Campos Conde destacou que “hoxe é un día de noraboa para todos os veciños de Viveiro e da contorna por varios motivos: porque se vai a facer realidade a tan esperada residencia de ASPANANE, porque se vai a manter a Escola Oficial de Idiomas neste municipio e porque se vai a rehabilitar a antiga Escola de Celeiro, poñendo en valor este inmoble e contribuíndo á mellora e dinamización desta zona viveirense”.
O Presidente da Deputación engadiu que “hoxe tamén é un día exemplar. En primeiro lugar e principalmente, polo esforzo de ASPANANE que nunca deixou de pelexar por esta residencia e, en segundo termo, por toda a implicación que conseguiu a Alcalde para que este proxecto fose unha realidade: a dos seus compañeiros na Corporación Municipal, a da Deputación de Lugo, a da Xunta e ao do Estado. Isto si é facer política”.
ASPANANE
ASPANANE, que conta con 224 socios, é un referente na Mariña na atención de persoas con discapacidade intelectual. Concello de Viveiro e Deputación de Lugo manteñen unha estreita colaboración coa mesma. Por exemplo, o Goberno Provincial financiou recentemente a mellora e ampliación das instalacións do seu centro ocupacional. Esta asociación conta con 20 profesionais que prestan atención a 55 usuarios: 18 no Centro de Día e 37 no Centro Ocupacional, que poden chegar ao 50 coas 15 novas prazas que supuxo a citada colaboración da Deputación. ASPANANE presta ademais servizo de atención e asesoramento a todas as familias que o necesiten, actividades deportivas, culturais, lúdicas, obradoiros de carpintería, serigrafía…


















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



