Viveiro 6-3-19. O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Fora Stocks e aposta unha vez máis por impulsar as compras no comercio local. Dende o xoves día 7 ata o sábado 9 de Marzo 38 negocios participantes liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incríbles, chegando ata o 80% nalgúns casos. Tratase de converter o final de tempada de rebaixas nunha feira de stock.. pero dentro de cada local, convertendo a fin de semana nunha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos.
Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, decoración, artigos para o fogar, óptica, telefonía e floristerías. A gran variedade de tendas que se suman a este tipo de campañas fan que sexan todo un éxito de afluencia de clientes.
Os locais participantes son:
– Confecciones Justo Vázquez – Oxígeno Surf
– Madrás – Van Surf Shop
– Jonathans – Van Surf Sneakers
– Las Fidalgas – Piti Deportes
– Roupa – Deportes Don Balón
– Esprit – Podium Sport
– El Faro – Albo Sneekers
– Dandara – Calzados Albo
– Fontana – Albo Zapaterias
– Keweë – Vogue
– Kerale Moda – Tacones
– Rockids – Platax
– Kody Kids – Joyería Paleo
– Complementos Sulian – Grafity
– Lencería Canela – Óptica Rosario
– Nacar – Mobiltom
– Mercería A Bolboreta – Gómez Travieso Floristeria
– Regal Fontenova – Raquel Seijido
– La Tienda de Aradia – Muebles Iglesias
Os locais participantes estarán identificados con chamativos carteis de cor vermello co nome da campaña. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da liquidación de stocks.
Tratase de ofrecer ó cliente os mellores descontos en artigos de primeiras marcas, ca mellor calidade, sin ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



