Ribadeo, 18 de marzo de 2019. O Centro Pedro Murias, de Vilaframil, acollerá o 22 de marzo unha xornada denominada Pensar unha alimentación máis próxima. A cita está coorganizada polo Concello de Ribadeo e pola rede ReVOLTA.
Fronte aos procesos de agro-industrialización nacidos nos anos 60, perduran outros de produción e distribución máis próximos, relacionados co agro-ecolóxico na perspectiva da bio-economía e do desenvolvemento sustentable como son o quilómetro 0, o comercio local, as comunidades ou cooperativas de consumo ou o denominado movemento slow food.
Os grupos de consumo, pequenos produtores, mercados labregos, cooperativas de distribución representan una alternativa ao modelo industrializado de produción e distribución alimentaria. Estes buscan rescatar esas outras formas de produción e consumo máis apegadas á terra. “A sustentabilidade do propio sistema alimentario virá dado si somos quen de construír procesos participativos nos que involucrar á toda a sociedade e pensar como podemos impulsar modelos alimentarios máis próximos”, explican desde a organización.
Dende a o Concello de Ribadeo e co-coordinado pola rede REVOLTA, http://revolta.usc.gal/ composta por oito grupos de investigación das Universidades galegas e configurado como o lugar de encontro das investigacións arredor da agroecoloxía e do medio rural galego ábrese ao conxunto da cidadanía un encontro co que pensar como sería posible crear unha estratexia alimentaria participativa na área de influencia do río Eo.
Por este motivo vaise celebrar a xornada Pensar unha alimentación máis próxima, que terá lugar no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, de Vilaframil, o vindeiro venres, 22 de marzo.
A xornada terá o seguinte formato:
10:00-10:30 Presentación
Polo alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, o catedrático en Historia Contemporánea da USC Lourenzo Fernández Prieto , así como un representante de AGACAL
10:30-12:00 Mesa: Outro sistema alimentario é posible
A estratexia participativa alimentaria de Valladolid por Olga Rada, responsable do Ecomercado de Valladolid e técnica na Fundación Entretantos.
A estratexia alimentaria das Mariñas por Jorge Blanco, xerente da Asociación Mariñas-Betanzos.
As bacías alimentarias como espazos de distribución e comercialización agroalimentaria polo profesor títular de Bioloxía Funcional da USC Emilio Carral.
12:00-12:30 Descanso
12:30-14:00 Sesión participativa Camiñando cara un novo modelo de agroalimentación na zona do Eo
Dinamizada por Fran Quiroga, técnico da rede REVOLTA e Lucas Requejo, innovador social
A xornada conta coa coorganización do Concello de Ribadeo e a colaboración da Axencia Galega de Calidade Alimentaria. Aquelas persoas interesadas en participar na xornada deben inscribirse en rede.revolta@usc.es




















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



