Ribadeo, 22 de marzo de 2019. O Concello de Ribadeo organiza un ciclo de charlas, que se desenvolverán os días 2 e 4 de abril na localidade e que terán como protagonista ao Camiño de Santiago como dinamizador da economía local. Está destinado a todas as empresas existentes que ofrecen servizos aos peregrinos ou aquelas persoas interesadas na apertura de novos negocios en torno ao Camiño Norte e aos seus camiñantes. A concelleira de Comercio e Turismo, Ana Martínez, fai unha chamada á asistencia a estas charlas que terán lugar na Casa do Mar, a partires das 17:30 horas.
A edil salientou que “Ribadeo é unha das portas principais de entrada do Camiño a Galicia. Inicialmente esta entrada facíase a través da ría nas barquerías que trasladaban aos peregrinos de Asturias a Galicia e nos últimos tempos isto se fai a través da Ponte dos Santos. Nos últimos anos foi aumentando o número de persoas que percorre o Camiño, e na actualidade temos que destacar a visita dos estranxeiros que supera xa aos españois nun 10%”.
Ana Martínez dixo que “ante esta potencial oportunidade de negocio, nós desde o Concello queremos presentar un ciclo de conferencias destinadas ao Camiño de Santiago. Queremos presentar as posibilidades que ten o Camiño como un dinamizador da economía local e como un atractivo turístico máis, que creo que redunda arredor de practicamente case todo tipo de negocios, librerías, servizos médicos e de transporte, empresas de turismo, taxis, farmacias… Eu creo que podemos falar de que o peregrino é un potencial consumidor de practicamente case todos os tipos de negocios. Queremos presentar unha serie de charlas para dar a coñecer a comerciantes e empresarios como poden adaptarse a esas necesidades que demandan os peregrinos, poder mellorar os resultados económicos dos seus negocios ou que outros negocios se poden instalar arredor do Camiño de Santiago, deste atractivo turístico e dinamizador”.
A concelleira explicou que “as conferencias serán os días 2 e 4 de abril. O día 2, das cinco e media ás sete e media, na Casa do Mar, teremos a conferencia titulada O Camiño de Santiago como eixo de desenvolvemento local. Retos e oportunidades, que será dada por Melchor Fernández, director do departamento de Fundamentos de Análise Económica do IDEGA da Universidade de Santiago. Tamén ese día contaremos coa conferencia titulada O peregrino e a empresa local. Tendencias, peculiaridades e propostas, a cargo de Oleg Lazovski, investigador tamén do IDEGA”.
A edil ribadense seguiu a relatar que “o xoves 4, ás cinco e media, na Casa do Mar, teremos a conferencia Peregrinos e turistas polo Camiño Norte. Unha oportunidade para o desenvolvemento de Ribadeo, a cargo de Antón Pombo, escritor e especialista no Camiño de Santiago. Para rematar este ciclo estará a conferencia Café Camiño. O Camiño de Santiago como dinamizador do teu negocio, patrocinada esta charla por Caixa Rural Galega en colaboración con Where is Galicia”.
Ana Martínez convida “á xente que estea interesada ou que poida ver nisto unha proposta de negocio ou de mellora do seu propio negocio, vinculado a eses cada vez máis peregrinos que se achegan a Ribadeo para facer o Camiño. Ademais falamos de que podemos empezar a ter aquí un número importante de peregrinos a partires de marzo e abril, tamén dependendo un pouco do tempo, ata finais de novembro. Invito a toda a xente interesada a vir a estas charlas os días 2 e 4 de abril”.
A concelleira de Turismo e Comercio engadiu que “tamén dende o Concello temos un obradoiro vinculado ao Camiño, Ribadeo co Camiño, que está a facer diferentes actividades para dar a coñecer o Camiño dentro da poboación de Ribadeo, e que nestes días están facendo actividades dirixidas á mocidade, con alumnos e alumnas dos diferentes colexios de Ribadeo e dos institutos. Presentan unha charla, baixo o título Unha ollada ao Camiño de Santiago en Ribadeo, e despois farán diferentes rutas cos alumnos e alumnas dos centros tanto para coñecer a parte urbana do Camiño por Ribadeo, e cos que son máis maiores farán o camiño dende Ribadeo ata a Igrexa Nosa Señora das Virtudes en Arante. Co cal estamos traballando dun xeito global na idea e na potencialidade do Camiño de Santiago en Ribadeo”.
Ana Martínez fixo fincapé en “invitar a todo o que estea interesado en acudir ás charlas sobre o Camiño que terán lugar os días 2 e 4 de abril, para que poidan así aproveitar esta dinamización turística e cultural que supón o Camiño de Santiago”.
E en abril está previsto o lanzamento dun concurso de fotografía coa temática do Camiño de Santiago e co obxectivo de poñelo en valor ao seu paso por Ribadeo e ofrecer unha visión diferente do mesmo.




















Celebrouse este luns na Delegación Territorial da Xunta en Lugo en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.



