Burela, 22 de marzo de 2019. No Concello de Burela terá lugar o último pleno ordinario deste mandato o vindeiro xoves, 28 de marzo. Entre os asuntos que se abordarán figuran a proposta de Herminia Pernas como cronista oficial de Burela e tamén a aprobación das obras incluídas no Plan Único da Deputación, entre as que figuran a humanización de rúas como Rosalía de Castro ou Lamestra, melloras na pista multideportiva do parque Rosalía de Castro e na pista de pádel, o plan de emprego 2019 e diferentes investimentos en materia de axuda no fogar, cultura, deportes, turismo ou administración electrónica.
O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “o próximo xoves, 28 de marzo, corresponde facer pleno ordinario, que é o último desta lexislatura. Imos levar unha serie de puntos que para min son moi importantes, e o primeiro deles é o nomeamento da cronista oficial do Concello de Burela. Falecido o cronista anterior, don Benjamín, pasamos a facer a suxerencia de ter unha nova cronista oficial e imos facer a proposta de Herminia Pernas, que é unha persoa coñecida e recoñecida no noso concello pola súa forma de facer as cousas, e polo interese histórico que amosa cada vez que ten ocasión. Creo que é a persoa agora mesmo ideal para que se faga cargo deste nomeamento para continuar a labor dos seus predecesores e facer un bo traballo no aspecto de promoción cultural e histórica do noso concello”.
O rexedor sinalou que “outro punto é sobre a xestión das condicións administrativas do uso das augas. Temos que facer unha xestión, así o acordamos entre Cervo e Burela, para o consorcio que levan os dous Concellos. O consorcio de augas agora mesmo está repartido entre a Xunta e os Concellos de Cervo e Burela. No futuro queremos facer unha mancomunidade para levar a xestión das augas de Cervo e Burela, polo tanto imos facer a cesión administrativa para aquelas cuestións que poidan ser aproveitadas para o consorcio, pensando no futuro que é facer unha mancomunidade de municipios para levar a xestión das augas que nos corresponden aos dous Concellos”.
Alfredo Llano engadiu que “outro punto vai ser aprobar o plan normativo municipal para o ano 2019, e outro punto importante, que imos levar, son as obras do Plan Único. Este plan que nos concede a Deputación a todos os Concellos da provincia e que se pode repartir en varios apartados. Imos facer unha inversión de 226.000 euros aproximadamente nos que van obras como a humanización de Rosalía de Castro, a pista multideporte que temos no parque Rosalía de Castro e á que lle imos dar un cambio importante adaptándoa ás novas posibilidades deportivas. Tamén se van mellorar as pistas de pádel de A Marosa, que imos dotalas de mellor luz e mellor pavimentación. Ademais imos rehabilitar o firme da rúa Lamestra e a praza Antonio Garelli, nas casas baratas, que penso que son unhas obras moi importantes e necesarias para o pobo”.
O alcalde dixo que “imos presentar o programa do servizo de axuda no fogar, cunha inversión de 80.000 euros da achega da Deputacion, o programa de actividades culturais que van ser 19.000 euros, o programa de actividades deportivas que van ser 9.800 euros, e o programa de actuacións de eventos turísticos que van ser 8.500 euros. Tamén levamos o programa de administración electrónica e protección de datos no que imos investir máis de 11.000 euros, e imos facer un investimento no plan de emprego duns 80.000 euros aproximadamente, co que imos ocupar os mesmos postos que o ano pasado. Imos intentar aproveitar ao máximo posible no noso concello este Plan Único da Deputación”.






















Celebrouse este luns na Delegación Territorial da Xunta en Lugo en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.



