Foz, 4 de abril de 2019. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, valora moi positivamente a reunión con Foz Plataforma de Futuro sobre o orzamento do Concello para este ano 2019, porque fan propostas positivas e viables, pero pide que concreten en que festas queren que se recorten as achegas do Concello. O rexedor anuncia que tratará de levar o novo orzamento, consensuado con FPF, a pleno a vindeira semana.
Javier Castiñeira declara: “desde o equipo de goberno do Concello de Foz valoramos moi positivamente a última reunión con Foz Plataforma de Futuro, concretamente o pasado martes, respecto aos orzamentos municipais do 2019, que quedaron encima da mesa no último pleno, aínda que puideron ser aprobados polo equipo de goberno co voto de calidade do alcalde. Pero tamén é ben certo que Foz Plataforma de Futuro ofreceuse para que eses orzamentos foran máis apoiados e nós aceptamos”.
O alcalde salienta que “o bo clima das negociacións. A verdade é que tanto Foz Plataforma de Futuro como o equipo de goberno sabemos a situación real destes orzamentos. En liñas xerais as propostas que fai Foz Plataforma de Futuro vémolas positivas, e se hai que poñer quizais algún pero sería ese recorte no capítulo das festas, de 48.000 euros sobre un orzamento inicial de 198.000 euros, cando eses cartos son os necesarios para as festas que se veñen facendo durante todos estes últimos anos. Nós dicímoslle a Foz Plataforma de Futuro, e a calquera outro partido político que queira recortar o capítulo de festas, que nos diga de que festas queren prescindir ou que festas queren reducir; e, loxicamente, que llo digan tamén ás comisións que levan tempo xa preparando toda a oferta de ocio do noso concello para todo este verán. É moi fácil dicir que se recorten festas, pero que despois sexa o Concello o que asuma rebaixalas, non facelas ou deixalas sen pagar. Sabemos que é moi probable que o que estea faga as festas igual que as fixo o equipo de goberno nestes últimos anos, en todo caso haberá algunha delas que quede fóra de contabilidade e teña as súas circunstancias para poder pagarse”.
Castiñeira engade que “con respecto ao resto de temas estamos contentos de poder chegar a un acordo con Foz Plataforma de Futuro e para a semana que vén trataremos de facer o pleno definitivo e con elo ter aprobado eses orzamentos antes da Semana Santa para poder aplicalos xa inmediatamente antes do verán. Hai un plan de emprego, que propón Foz Plataforma de Futuro, e se queremos que estea efectivo antes do verán hai que aprobar o antes posible estes orzamentos. Polo tanto estamos encantados de poder chegar a un acordo moi necesario nos orzamentos municipais”.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



