Viveiro, 4 de abril de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, asinaron hoxe o Protocolo de colaboración entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e o Corpo da Policía Local para a protección das vítimas de violencia doméstica e de xénero. O acordo foi aprobado nunha sesión extraordinaria que celebrou esta mañá a Xunta Local de Seguridade de Viveiro.
A subdelegada do Goberno explicou que “o acordo de cooperación da Policía Local de Viveiro coas Forzas e Corpos de Seguridade de Estado para dar protección ás vítimas da violencia de xénero é consecuencia do proceso de colaboración co Concello de Viveiro que se puxemos en marcha meses atrás”. Así, lembrou que “nun primeiro momento constituise, o pasado mes de outubro, a Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero e posteriormente, no mes de febreiro, acordouse a adhesión de Viveiro a este Protocolo”.
Pola súa parte, a alcaldesa destacou que “como acaban de expoñer as Forzas de Seguridade, a nosa disponibilidade debe ser máxima, considero que todos os responsables públicos temos que cooperar na loita para eliminar esta lacra dunha vez”.
Na sesión, que tivo lugar na Casa do Concello de Viveiro, tamén participaron a xefa da Unidade de Violencia contra a Muller da subdelegación do Goberno, así como responsables da Policía Nacional, a Garda Civil, a Policía Local e a Policía Autonómica.
DATOS VIOLENCIA DE XÉNERO
No sistema de Seguemento Integral (VIOGEN), o número total de casos activos de mulleres con domicilio en Viveiro aos que realiza seguemento a Policía Nacional é de 16, dos que 2 están considerados de risco medio, 4 baixo e os 10 restantes de risco non apreciado.
O número de denuncias por malos tratos presentadas neste municipio no 2018 foi de 26. No que levamos de 2019 presentáronse 3 denuncias por malos tratos no concello de Viveiro.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



