Foz 8-4-19. O martes 9 de abril ás 20.30 o salón de actos do Cenima acollerá a segunda das palestras da presente edición das xornadas Sentirmos a Arte organizadas pola asociación cultural A pomba do arco.
Nesta ocasión tócalle a quenda ao artista plástico viveirense Xosé Luís Neira Brochs, recoñecido creador multifacético dunha longa traxectoria. Os murais cerámicos de Neira Brochs atópanse distribuídos pola práctica totalidade da xeografía peninsular formando un conxunto que destacan pola súa grandiosidade, expresividade e intensidade. Segundo sinalou a directora do museo de Lugo Aurelia Balseiro, “a calidade creativa de Neira vai pegada á súa calidade humana e xa era hora de que se lle fixera o recoñecemento que se merece por toda unha vida dedicada ao difícil mundo da arte. O seu carácter reflexivo, pouco interesado polo “mundanal ruído”, dentro da liña de Brancusi cando dicía que ser intelixente non está mal, pero vale máis a pena ser honesto,”, significando as décadas de fecunda produción artística pretende amosar todas as modalidades de expresión plástica nas que leva traballado: escultura, pintura, debuxo, deseño, vidro, cerámica.
Xosé Luis Neira Brochs é é un dos poucos creadores lugueses vivos con obra exposta no museo Raíña Sofía. Nado en Viveiro, en 1941, e sobre a súa aptitude artística lembra que cando era un neno, con tres anos, pintaba nunha parede branca que o seu avó lle encalaba para que debuxara nela. Os seus persoais avatares biográficos fanlle acumular vivencias no do París de maio do 68 ou en Berlín dividido consolidando a súa dedicación ao difícil mundo da creación, buscando camiños de desenvolvemento persoal e independencia creativa Logo, regresou a Madrid quince anos onde descubriu o mundo das vidreiras comezando a traballar nese oficio cos irmáns Atienza ata que, decidido a actualizar os procedementos antigos con deseños novidosos, se independizou volvendo á Mariña para establecerse definitivamente, no ano 1976, en Area, onde traballa coa paciencia e rigor dun artesán atendendo os encargos que lle fan e deixando a obra pictórica como desafogo creativo persoal porque é na pintura onde se sente máis libre.
As xornadas Sentirmos a Arte terán continuidade mañá mércores 10 de abril ás 20:30 terá no Cenima de Foz coa presenza da pintora luguesa Sesé Santiso baixo o titulo d´O cotián revisado.

























O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.



