Ribadeo, 17 de xullo de 2026. Finaliza o Ribadeo Basket Pro 2026, que se veu celebrando nesta vila nos últimos días.
O stage de perfeccionamento en baloncesto feminino, que chegou á súa sexta edición, reuniu en Ribadeo a xogadoras chegadas desde toda España con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos. As rapazas compartiron ensinanzas e vivencias con adestradores de alto nivel que traballan en diferentes equipos nas diferentes ligas nacionais, un preparador físico dun equipo de LF, fisioterapeuta, nutricionista especialistas en nutrición deportiva, etc…
Ademais houbo charlas de David Pérez, de Pickus Education, e de Luis Abel Taboada, que é coach deportivo. ACD DROCER elixiu para o desenvolvemento deportivo a Diego Fernández, que é adestrador axudante do Durán Maquinaria Ensino da LF Endesa, e a David Martínez, socio fundador da asociación.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, fixo unha valoración moi positiva: “Ribadeo acolleu un novo evento deportivo de alto nivel. Grazas por elixirnos unha vez máis. Contamos con boas instalacións deportivas e iso téñeno en conta os equipos e as entidades organizadoras. No Concello estamos moi orgullosos do traballo realizado e nesta liña imos seguir”.






















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



