As melloras na accesibilidade, a eficiencia enerxética, a protección da biodiversidade e as iniciativas de sensibilización ambiental forman parte das actuacións presentadas nesta convocatoria.
Cervo, 21 de outubro do 2026. O Concello de Cervo vén de recibir a Bandeira Verde de Galicia, un distintivo co que a Xunta de Galicia recoñece o labor dos municipios que destacan polo desenvolvemento de iniciativas orientadas á protección ambiental, á sustentabilidade e á conservación da paisaxe e do patrimonio natural.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, desprazouse este mércores ata Ribadulla, no municipio de Vedra, para recoller este recoñecemento, que pon en valor o traballo que se está a desenvolver desde a Administración local en diferentes ámbitos relacionados coa mellora da contorna e a calidade de vida da veciñanza.
A rexedora agradeceu a concesión da Bandeira Verde e destacou que “este recoñecemento anímanos a seguir avanzando nun modelo de concello máis sostible, no que a protección do medio ambiente estea presente nas decisións e nas actuacións que desenvolvemos no día a día”.
García Caramés incidiu tamén na importancia de combinar as melloras nos servizos e nos espazos públicos coa conservación dos recursos naturais. “En Cervo traballamos para que a sustentabilidade se traduza en accións concretas: desde reducir o consumo enerxético e mellorar a xestión dos residuos ata recuperar espazos naturais, protexer a biodiversidade e facer máis accesibles os nosos núcleos e itinerarios”, sinalou.
Entre as actuacións presentadas nesta convocatoria figuran as melloras de accesibilidade en espazos urbanos e patrimoniais, como o Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, a creación e recuperación de itinerarios peonís e a posta en valor de sendeiros na contorna costeira de San Ciprián e nos núcleos rurais.
No ámbito da protección ambiental, destacan as medidas para reducir os residuos no litoral, coa instalación de contedores elaborados con materiais reciclados para a recollida de residuos mariños e dispositivos específicos para cabichas nas praias, así como accións destinadas a favorecer a biodiversidade, entre elas a colocación de caixas niño, a plantación de especies autóctonas e o control e eliminación de flora exótica invasora.
A estas iniciativas súmanse as actuacións de eficiencia enerxética, como a renovación progresiva do alumeado público, as melloras enerxéticas en edificios municipais e a instalación de caldeiras de pellets en equipamentos públicos, ademais da adhesión do municipio ao Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía.
A xestión responsable dos residuos e da auga constitúe outro dos eixes de traballo, co fomento da compostaxe doméstica, a recollida de biorresiduos, o funcionamento dos puntos limpos fixo e móbil e as melloras nas redes de abastecemento e saneamento.
A alcaldesa puxo igualmente o foco na sensibilización e na implicación social, con iniciativas como o programa Coida Cervo e as actuacións de restauración ecolóxica e reforestación. “O coidado da contorna é unha responsabilidade compartida. A colaboración da veciñanza resulta fundamental para consolidar os avances e deixar ás vindeiras xeracións un Cervo máis verde, saudable e respectuoso co seu patrimonio natural”, concluíu.




















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



