A concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, e o director de Cajastur en Ribadeo, José Ramón Boto, inauguraron esta mañá na oficina de turismo a exposición Entre osos. Trátase dunha serie de paneis con fotos e textos a cargo do profesor Díaz-Formentí (un vello coñecido na vila que foi o autor do libro A ría de Ribadeo, natureza entre dúas augas). Nesta ocasión estuda o oso pardo da Cornixa Cantábrica para transmitir o grande tesouro que a súa supervivencia e a do seu hábitat supoñen para todos.
A OMIC de Ribadeo acolle dúas exposicións
A OMIC de Ribadeo acolle dúas exposicións
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia