Burela, 10 de abril de 2019. O alcalde, Alfredo Llano, presentou hoxe en Santiago a Feira Náutico Pesqueira Expomar, que se celebrará do 9 ao 12 de maio en Burela. O rexedor burelés subliñou que este ano a superficie destinada á exposición será superior á de anteriores edicións, resaltou a celebración do Consello Galego de Pesca en Burela e tamén a importancia que este evento ten para o sector hostaleiro da localidade, ademais de para o pesqueiro.
Alfredo Llano declarou que “fixemos fincapé en que resulta importantísimo para Burela e para o sector náutico pesqueiro porque loxicamente vai dirixido para esta xente. Este ano é a edición 18 e pensamos que vai ser unha boa feira dado que agora mesmo xa temos todo ocupado e culminado. Está moi ben organizada, estívose traballando desde o ano pasado e agora podemos dicir que xa está todo preparado para abrir as portas”.
O tamén presidente da Fundación Expomar salientou que “hai que ter en conta que ademais de todo o que corresponde ao sector náutico pesqueiro especificamente como son os propulsores, a electrónica, a dotación dos barcos e todo iso que interesa, paralelamente imos facer dúas xornadas técnicas que van ser o xoves e o venres. A primeira xornada vai ser dedicada ao tema sociolaboral. Vai haber a exposición dun estudo que se fixo en Burela sobre os barcos da nosa flota. Vai haber unha representación de Cepesca e dos sindicatos e polo tanto pensamos que vai ser unha oportunidade grandísima para ter coñecemento de primeira man de como está a situación. O segundo que imos desenvolver é sobre o momento polo que atravesa a pesca e sobre o seu futuro, o Brexit e como vai afectar ás nosas flotas, os descartes, os caladoiros e todo o que ten moita repercusión no sector. Creo que van ser dous días interesantísimos con conferencias e participación”.
O rexedor dixo que “imos ter ademais unha singularidade este ano como é a celebración do Consello Galego de Pesca, que é a primeira vez que sae de Santiago de Compostela. Polo tanto cremos que é unha oportunidade interesante que fagan en Burela a súa sesión plenaria, que saquen conclusións e que as dean a coñecer no mesmo recinto feiral”.
Alfredo Llano engadiu que “temos todo preparado na nave de redes. Ampliamos este ano 500 metros máis porque hai moita demanda no sector para participar na Feira Expomar, de Burela. Isto significa que o sector agora mesmo ten moito interese en participar nesta cita, que é unha das máis importantes que hai en todo o estado español. Así que temos que estar moi contentos de que isto sexa así. É unha oportunidade para dar a coñecer o noso pobo, e é sempre un escaparate enorme onde se pode aproveitar para favorecer o turismo e a economía. Xa están agora mesmo todas as prazas dos hoteis collidas porque nos van facer moita falta para atender a toda a xente que vai vir eses días a Burela”.
A Feira Expomar foi presentada esta maña en ABanca, na praza de Cervantes en Compostela. O acto contou coa presenza de Mercedes Rodríguez, directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, que compareceu xunto ao alcalde burelés e a un representante de ABanca. Asistiron a esta cita o concelleiro burelés Ramiro Fernández Rey, así como representantes de Absa, da OPP, da xefatura territorial de Pesca en Lugo, de ABanca e o xerente da Fundación Expomar, entre outros.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



