Alfoz, 12 de Abril de 2019. “Desde o Grupo Municipal de Veciños Independentes de Alfoz facémonos eco das queixas dos usuarios do Centro de Saúde de Alfoz, comprobando que nas últimas datas se prestaron os servizos de atención primaria cun só médico, xa que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) non cubre a praza dun dos médicos que se atopa en situación de baixa laboral, situación que se segue producindo a día de hoxe e que previsiblemente se vai prolongar”, así rezaba unha moción presentada por VIA no pleno do Concello de Alfoz de 22 de novembro de 2018 e que se aprobou por unanimidade. Desde esta data o problema persiste e a única resposta que se recibiu resúmese nunha comunicación, recibida no concello o 10 de decembro, na que o Sergas indica que se lle remitiu o escrito á Xerencia de Xestión integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, “por ser un asunto da súa competencia”.
No día de onte, desde VIA Alfoz, volveu a poñer en coñecemento da Xunta a situación do centro, na que un solo médico está atendendo a todos os usuarios, ademais das urxencias e das visitas domiciliarias. Xabier Pardiñas, voceiro de VIA indica que “non se pode poñer como desculpa que a sobrecarga de traballo do médico non é excesiva baseándose unicamente no ratio máximo desexable de pacientes por galeno” xa que recorda que “a situación de cada centro de saúde é diferente e no caso de Alfoz debemos recordar que existen moitos pacientes de avanzada idade polo que o número de asistentes a consulta é mais elevado que noutros centros” e que ademais, “a dispersión da poboación fai que as visitas domiciliarias provoquen que o centro de saúde quede sen médicos en determinadas horas”.
Desde VIA entenden que esta situación se debe solucionar o antes posible pois “parece ser que inicialmente non se tiña previsto cubrir a baixa neste mes”, situación que se pode agravar ante a previsible marcha a outro centro da doutora que se atopa actualmente de baixa, “algo inadmisible e inxusto que non se debe permitir” aseguran desde VIA.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



