A Mariña, 12 de abril de 2019. Este xoves os alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES procedentes do Concello de Mondoñedo e do Concello de Lourenzá participaron na actividade CATUXA “Achegándonos á violencia de xénero para desmontala”.
A finalidade desta actividade foi visibilizar a violencia de xénero para poder traballala desde o ámbito preventivo e así reducir o limiar de tolerancia cara ás violencias machistas a través de análises sobre o concepto da violencia de xénero, as causas e consecuencias.
A través do visionado de varios vídeos e diversas dinámicas nas que participaron de forma moi activa, a rapazada entendeu que é a violencia de xénero, como forma de exercer o poder e o control baixo o sistema patriarcal dun patrón cultural e social baseado na desigualdade. Tamén comprendeu onde está a súa orixe e como identificar os factores de aparición e perpetuadores de violencia, así como as súas consecuencias.
Conscientes de que a adolescencia é a etapa da vida na que os mozos e mozas aprenden as pautas de interacción que logo consolidan na vida adulta, resulta fundamental este tipo de actividades para identificar e frear os primeiros indicios de comportamentos abusivos nas relacións interpersoais, evitando que poidan derivar en condutas violentas de maior gravidade en posteriores relacións afectivas.
O equipo de ReTnova, empresa encargada da posta en marcha deste programa, estará a finais deste mes no concello de Burela para continuar coa realización destas actividades no IES Monte Castelo e no IES Perdouro.
Está dispoñible o teléfono de atención da Unidade de Xénero para Adolescencia do Programa CATUXA: 604067520
Pódese seguir a actualidade do programa CATUXA en Instagram e Facebook cuxo perfil é @programacatuxa.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



