Viveiro, 20 de abril de 2019- A candidatura que presenta o BNG de Viveiro ás eleccións municipais do 26M, está composta por persoas formadas, capaces e activas que combinan experiencia, solvencia, xuventude e ilusións renovadas co cal a organización nacionalista pretende gañarse a confianza das súas veciñas e veciños e voltar co seu apoio, á corporación municipal cunha ampla representación para formar parte do proxecto de transformación que precisa o concello de Viveiro e para o cal o BNG, sinalou a candidata á alcaldía, Miriam Bermúdez, conta cun programa de goberno ambicioso e aberto, posto xa a disposición da veciñanza para a súa consulta, que permitirá convertir a Viveiro nun concello habitábel, saúdabel, seguro, inclusivo e sostible, onde as veciñas e veciños serán o eixe central no desenvolvemento das políticas municipais.
As candidatura do BNG de Viveiro está formada por persoas con amplitude de miras, de diferentes idades e experiencias e que a todas elas as une a preocupación por Viveiro e o compromiso adquirido para achegar toda a súa capacidade de traballo e esforzo por contribuír á mellorar o seu pobo. A continuación achégase a listaxe das persoas integrantes da candidatura nacionalista:
Candidatura BNG Municipais 2019:
1. Miriam Bermúdez García. 1988 Mestra de Educación Primaria. Vicerresponsable local do BNG e Candidata á alcaldía do Concello de Viveiro.
2. Severino Salgueiro Rodríguez. 1988 Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos.Responsable de infraestruturas no BNG de Viveiro.
3. Gloria Rouco Llanderrozas. 1967 Licenciada en CC Empresarais. Empregada pública da Admón Local. Responsable local do BNG.
4. Iván Pena Muras. 1989 Traballador de Alcoa.
5. Iria Cotelo Cociña . 1982 Técnico en coidados auxiliares de enfermería. Traballadora no Centro de día de Aspanane de Viveiro. Vencellada ao mundo do sindicalismo.
6. Xosé Luis Ramallal Rego. 1963 Lcdo. en Historia e Psicopedagoxía. Mestre no CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo.
7. Xulia Canoura Díaz. 1956 Lcda. en Pedagoxía. Mestra xubilada. Membro da Plataforma SOS Praia Covas.
8. María Carballal Febreiro. 2000 estudanta de Filoloxía Galega. Vencellada ao activismo feminista.
9. Santiago López Chao. 1972 Capataz forestal xubilado. Deportista. Membro da asociacións deportivas Viveiro Enduro, Deporte&Trasplante e Peña Ciclista Lar.
10. María Simón Cundins. 1999 Estudanta de Educación Social. Vencellada ao activismo feminista.
11. Tania Monteagudo Bermúdez. 1999 Estudanta de Ciencias da Actividade Física e o Deporte.Vencellada ao activismo feminista.
12. Néstor Varela García.1956 Xubilado. Vencellado ao mundo do sindicalismo e do asociacionismo cultural e veciñal.
13. Carmén López García. 1973 Lcda en Físicas. Profesora de educación secundaria no IES Vilar Ponte.
14. Pilar Ferro Cerdeiras .1967 Modista.
15. Eva Eijo Vázquez. 1960 Traballadora en Alcoa. Vencellada ao mundo do sindicalismo.
16. Miguel Búa Fernández. 1994 Adestrador deportivo e estudante de psicoloxía.
17. César Naval Parapar. 1955 Xubilado. Ex-concelleiro de Comercio e Turismo. Vencellado ao asociacionismo deportivo.
18.- Sara Fernández Murados. 1983 Lcda. en Administración e Dirección de Empresas. Membro do BNG na emigración.
19. Xosé Antonio Goás Basanta. 1957 Traballador da Confraría de Pescadores de Celeiro. Ex-concelleiro de Deportes. Secretario do Clube de atletismo Egobarros.
20. Francisco Luis Rodríguez Guerreiro. 1953 Mestre xubilado. Ex-Tenente de Alcalde. Presidente da Asociación Cultural Pensamento e Sementeira.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



