Ribadeo, 24 de abril de 2019. Jesús Pérez Moreda, de 61 anos, natural da parroquia ribadense da Devesa é o candidato de Compromiso por Galicia á alcaldía ribadense. A lista desta formación ás municipais do vindeiro mes de maio está composta por oito mulleres e seis homes.
Onte, luns, foi presentada ante a xunta electoral a candidatura de Compromiso por Galicia (CxG), que encabeza Jesús Pérez Moreda, máis coñecido na vila ribadense como Suso Villalba. A presentación diante da cidadanía farase nos vindeiros días, segundo o candidato “non debemos saturar á veciñanza con demasiada política, agora a xente está centrada nas eleccións xerais. Cando estas pasen será cando toque poñernos ao cen por cen a falar da nosa vila e das cousas que realmente lle importan a Ribadeo e aos seus veciños e veciñas”.
Pérez Moreda ten unha dilatada experiencia na vida política e municipal, foi edil do grupo de goberno do Concello de Ribadeo dos anos 1987 a 1995, co BNG, época na que traballou en diferentes áreas aínda que a mais relevante foi a de Deportes. O candidato de Compromiso por Galicia é coñecido tamén por estar sempre pendente da vida municipal participando en tertulias e debates nos medios de comunicación da zona, formando parte de clubs deportivos, por ser un apaixonado do deporte, da ría de Ribadeo e das praias deste concello, coma a dos Castros, na que foi socorrista na súa xuventude. Retirado da vida laboral Pérez Moreda considera que “é un bo momento para dedicarme activamente a mellorar a nosa vila, creo no potencial que Ribadeo ten e que non se está a aproveitar e debemos traballar en mellorar as grandes deficiencias que hai en moitas areas da xestión municipal”. Bo coñecedor dos problemas que vive o rural naceu e viviu moitos anos na Devesa, é fillo de labradores. Pero tamén coñece os problemas que existen na vila para os comerciantes e hostaleiros, para o sector servizos, na limpeza das rúas, na xestión do tráfico, no asociacionismo e en moitos outros aspectos.
A candidatura de Compromiso por Galicia en Ribadeo é definida en palabras de Pérez Moreda como “unha candidatura integradora, con xente do rural e da vila, con persoas de diferentes sensibilidades políticas, pero que ás une o seu compromiso por Galicia e ante todo por Ribadeo”. Jesús Pérez engade que “cada un de nos coñece ben Ribadeo e os seus problemas, na lista temos autónomos, empregados de empresas, funcionarios, retirados…. todos aportamos os nosos coñecementos para elaborar o programa co que queremos gobernar Ribadeo” e deixa claro que “nós presentámonos para gobernar. Ese é o noso obxectivo e con esa intención imos traballar duro ao longo das vindeiras semanas”.
Compromiso por Galicia (CxG), presenta unha lista de catorce membros, oito mulleres e seis homes, algunhas con experiencia na vida política e municipal e moitos outros cun gran compromiso por traballar para facer un Ribadeo mellor.
No número dous desta lista acompáñao Maria Begoña Fernández Fernández. A numero tres é Aurora González Ginzo, concelleira nesta lexislatura e coñecedora da vida municipal da vila. Os números catro e cinco son respectivamente Rafael Izquierdo Pérez e José Ramón López Martínez. Do seis en diante os membros da lista son: Iván Fernández Rañón, Álvaro Mario Lorigados Castaño, Belén González López, Cristiane Carvalho de Sousa, Elva Alina Carmona Figueredo, María Soledad Valiña Gutiérrez, Almudena Piñeiro Docampo e Alejandro Calonge Peña. Como suplente completa a candidatura Regla Herrera Brunet.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



