Foz, 3 de maio de 2019. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, manifesta o seu apoio ao equipo de traballadores das ambulancias de Foz, cos que se reuniu esta mañá, e amosa a súa preocupación pola supresión dun técnico no vehículo medicalizado. O desacordo con esa decisión trasladoullo hoxe telefonicamente o rexedor municipal ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, a quen lle pediu unha reunión urxente para abordar este asunto.
“Desde o equipo de goberno do Concello de Foz queremos mostrar a nosa solidariedade co equipo de traballadores das ambulancias que está no concello de Foz e que serve a toda A Mariña, concretamente coas peticións que fan os técnicos, despois de verse que no novo concurso de ambulancias de toda Galicia se elimina un posto de técnico na medicalizada de Foz. Esa mesma preocupación trasladeilla hoxe ao conselleiro de Sanidade e quero que me reciba o antes posible para tratalo de forma persoal porque entendemos que eliminar un dos dous técnicos que vai agora mesmo na ambulancia medicalizada non trae nada positivo para a poboación. Desde logo é dificilmente xustificable que iso non vaia afectar ao servizo”, explica o alcalde focense.
Javier Castiñeira engade que está “totalmente a favor das reivindicacións que fan os técnicos das ambulancias. Estamos encantadísimos dos servizos que están prestando e do cambio fundamental que foi ter unha ambulancia medicalizada en Foz, do cal nos sentimos tamén orgullosos desde este equipo de goberno por ter traballado para seguir tendo ese servizo; e imos seguir loitando para que non se reduza ou que sexa o menos posible. Aos traballadores das ambulancias de Foz dígolles que estamos con eles e que a súa voz chegará o antes posible ao despacho do conselleiro, onde imos mostrar esa insatisfacción de todos os veciños de Foz por esa decisión, que cremos que é unha parte minúscula do contrato. Parécenos moi ben que aumente o contrato e que resolva parte dos grandes problemas que existen agora mesmo de conflitos coas ambulancias en toda Galicia, pero é certo que o caso de Foz e da Mariña é un caso moi concreto, e que se ve minusvalorado o traballo dos técnicos na actividade da ambulancia medicalizada”.
O rexedor insiste en mostrar “o máximo apoio aos técnicos e a todos os traballadores da ambulancia, o noso descontento con ese concurso da Consellería, que claramente desfavorece ao servizo na Mariña; e estamos a disposición dos veciños para levar a nosa voz directamente á Consellería, trasladar o noso desacordo con esa situación e pedir que volva á normalidade posto que o custe é mínimo e o mal vai ser moito maior”.
























A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



