Ribadeo, 9 de maio de 2019. O concelleiro de Economía e Medio Rural, Vicente Castro, subliña que no Concello de Ribadeo nin se anuncian nin se fan obras sen contar coa correspondente partida presupostaria e puntualiza que, grazas á situación económica actual do Concello e aos remanentes tesourería, foi posible realizar obras nos anos 2018 e 2019, e agarda que tamén nos vindeiros. Así responde ás críticas vertidas nas últimas horas desde o PP. Sobre o plan de arranxo de camiños, que daba a coñecer hai uns días o alcalde, Castro dixo que eses 575.000 euros de investimento proveñen de fondos propios e do Plan Único da Deputación. O concelleiro nacionalista dille a Daniel Vega que se non sabe, pregunte.
Vicente Castro manifestou que “vivimos tempos convulsos e tempos electorais que trastornan moito á xente e son moi tendentes a declaracións fora de lugar e fora de ton. Saíndo ao paso das manifestacións realizadas estes días por Daniel Vega, candidato do PP, referentes á financiación do plan de obras para o rural anunciado polo alcalde de Ribadeo, quería aclararlle certas cousas”.
O concelleiro de Economía e Medio Rural dixo que “no Concello de Ribadeo nin se anuncian nin se fan obras sen a correspondente financiación, é evidente. Se agora se están a facer e se fixeron un montón de obras é precisamente grazas á situación económica do Concello e a facer as cousas ben nos últimos anos. Contamos con remanentes de tesourería que non puidemos utilizar anteriormente ao ano 2018, e que nestes anos 2018 e 2019, e esperemos que posteriormente nos seguintes, se poidan seguir utilizando para realizar inversións no concello”.
O edil ribadense puntualizou que “o plan anunciado polo alcalde para infraestruturas no rural e ao que se refería Daniel Vega, e que ascende a 575.000 euros, xa lle aclaro que está financiado con 340.000 euros con cargo a fondos propios do Concello e 235.000 euros con cargo ao Plan Único da Deputación, que é para todos os Concellos tamén. Por suposto non recibe nin un so euro de ningún plan marco nin ningún plan da Xunta. Polo tanto teñen a correspondente e clarísima financiación, e probablemente aínda se poida facer un segundo plan no que queda de ano”.
Vicente Castro engadiu: “dito isto, espero que lle queden claras as dúbidas ao señor Vega e se non sabe que pregunte. No Concello pásanlle a información correspondente de todo, ademais sae nos medios, está na rede e os expedientes administrativos están a disposición de todo o mundo. Se ten algunha dúbida máis pódolla aclarar eu persoalmente cando queira”.




















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



