Lugo, 10 de maio de 2019.- 1.000 veciños comprometidos co futuro da provincia conforman as candidaturas do Partido Socialista nos 67 Concellos. Nunha campaña chea de optimismo, ilusión, ganas e forza os socialistas presentan propostas e iniciativas en cada un dos municipios da provincia e para os máis de 300.000 lucenses. Son 380 mulleres e 550 homes cun proxecto común de progreso e futuro polo Concello que queres e a Provincia que queres. Para seguir cara adiante.
Nun vídeo, os socialistas na provincia de Lugo recollen que “con ilusión e compromiso, o próximo 26 de maio será o día. Será o día do progreso, do diálogo, da transparencia, da participación, da ilusión e do compromiso. Porque xuntos queremos seguir medrando. Queremos seguir avanzando, da man dos nosos maiores, ao carón dos nosos traballadores, dos empresarios, do comercio, dos servizos… Porque xuntos ímolo conseguir. É a hora das nosas vilas. É o momento dos nosos Concellos e dos nosos pobos e das nosas aldeas… Porque estamos orgullosos da nosa provincia, de cada un dos Concellos, de ser lucenses… O 26 de maio, sigamos cara adiante”.
67 candidaturas
O PSOE representa e defende os intereses dos 300.000 veciños dos 67 Concellos nas candidaturas que presenta en cada un dos municipios da provincia. Hai 18 veciños que por primeira vez lideran o proxecto socialista en Becerreá, Begonte, Castro de Rei, O Corgo, Foz, Friol, Guitiriz, Guntín, Lugo, Monterroso, Outeiro de Rei, Pantón, Paradela, Rábade, Ribadeo, Riotorto, Sober, Taboada, Triacastela. Con máis compromiso, ganas e traballo se cabe, 48 veciños seguirán defendendo os intereses dos veciños de Abadín, Alfoz, Baralla, Antas de Ulla, Barreiros, Bóveda, Burela, Carballedo, Castroverde, Cervantes, Cervo, Chantada, Cospeito, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, Palas de Rei, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra do Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samo, Sarria, O Saviñao, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Vilalba, Viveiro, Xermade e Xove.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



